Skip to Content

Listaxes admisión 2024/2025

As listaxes definitivas de admisión de alumnado no noso centro para o curso 2024/2025 xa están publicadas. Pódense consultar mediante a web de admisión alumnado, identificándose con certificado dixital ou chave 365, ou presencialmente no cortizo interior do centro.

Fondo de libros, axudas para libros e material escolar

Vén de ser publicada a orde 7 de maio de 2024 que regula as axudas para compra de libros e material e a participación no fondo solidario de libros de texto. A modo de resumo das situacións máis frecuentes, poñemos este resumo da mesma á vosa disposición. Entendede que non recolle todas as situacións específicas que desenvolve a orde e que é a esta á que tedes que acudir en caso de dúbida.

A presentación será preferentemente vía telemática, a través de https://sede.xunta.gal, empregando o procedemento ED330B. De facerse de xeito presencial no centro, os prazos recomendables para facelo serán os seguintes:

Educación infantil e primaria: do 27 ao 31 de maio

ESO: do 3 ao 7 de xuño

Podedes descargar aquí os anexos 1 e 2 da citada orde, aínda que tamén estarán dispoñibles en papel no centro.

Calquera dúbida e información, poñédevos en contacto co centro.

Programa do Día da familia 2024

Xa se achega o día da familia! aquí tedes o programa para Educación Infantil e Primaria.

programa

Obradoiro de cine

O ALUMNADO DE 4º DA ESO LEVOU A CABO O OBRADOIRO DE CINE PARA DESENVOLVER VALORES RELACIONADOS COA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL.

No obradoiro traballanse os diferentes aspectos relacionados co cine co obxectivo de previr, sensibilizar e concienciar sobre a LGTBIfobia.

obradoiro de cine

Obradoiro de fotografía

O ALUMNADO DE 3º DA ESO LEVOU A CABO O OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA PARA DESENVOLVER VALORES RELACIONADOS COA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL.

Este ano fixemos un obradoiro teórico-práctico de uso da fotografía co móbil, no que se desenvolvía o respecto pola diversidade afectivo-sexual, a prevencion e tratamento da LGBTIfobia e outras medidas semellantes.

mans na cabeza

Día da nai

Para el Día de la Madre, l@s alumn@s del PFFPB de Jardinería y Viverismo prepararon con la ayuda de otr@s estudiantes, profesor@s y cuidador@s del centro los pedidos de planta (claveles erecto y del moro, petunias, alegrías, suculentas y cóleos) realizados por el alumnado de Secundaria y el personal del centro para regalar. ¡Gracias por los encargos! Os deseamos un Feliz 1º Domingo de Mayo a tod@s.

Nenos sorrín con flores

xente con flores

 

Cultivo de flores

Aprendiendo a cultivar diferentes especies de flores en bloques de suelo con Vicky y Lucía de Vicky's Garden (@vlommaestudiofloral) en Proyecto Competencial de 1ºESO y el PFFPB de Jardinería y Viverismo.

señores

man e terra

terra

sorrimos

 

 

Flores no día do libro

Excelente colaboración entre o alumnado de ESO e FP coa elaboración de mensaxes para conmemorar o Día do Libro e a entrega de ramos de clavelinas de agasallo aos estudantes e profes. Noraboa a tod@s!

Uns ramos estrados

man corta papel

un ramo nunha mesa

 
 

25/04 - Data publicación listaxes provisionais de admitidos

Informamos de que a data de publicación de listaxes provisionais de admisión no centro é o día 25 de abril. Serán accesibles a cada familia desde a aplicación de alumnado e estarán fisicamente no cortizo de información a familias, a carón do despacho de dirección.

 

 

Visita a Xardín Bergantiños

Visita realizada a Xardín Bergantiños, sito en Coristanco, polo alumnado de 3º e 4º da ESO, en Proxecto Competencial, e os do PFFPB de Xardinaría e Viveirismo para ver as distintas especies de árbores froiteiras, ornamentais e forestais que ten dispoñibles e darnos a coñecer as plantas de flor, aromáticas e os cultivos de tempada para plantarmos no CPI Alcalde Xosé Pichel. Grazas, Elvira, pola información!

visita viveiro 

viveiro

Distribuir contido


by Dr. Radut