Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 23-24

Podedes consultar toda a información sobre o proceso de solictude de praza para o vindeiro curso 2023-2024 para o alumnado de novo ingreso nos seguintes enlaces.

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 de marzo ata o 20 de marzo.

 

NORMATIVA E CALENDARIO

DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITAR PRAZA

ANEXO II (SOLICITUDE EN GALEGO)

ANEXO II (SOLICITUDE EN CASTELÁN)

ENTROIDO 2023

Aquí vos deixamos un fantástico vídeo onde podedes ver como vivimos e desfrutamos o entroido deste ano.

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Como ben sabedes, o pasado 30 de xaneiro celebrouse o día da paz e non violencia no mundo. No cole fixemos unhas bandas decorativas para as escaleiras con mensaxes de paz. Ademais os alumnos e alumnas de infantil e primaria contaron e dramatizaron contos da paz. Podedes ver as actividades que se fixeron no seguinte vídeo:

FESTIVAL DE NADAL 2022

O pasado 22 decembro, celebramos o tradicional festival de Nadal con toda a ilusión da comunidade educativa. Un ano máis, puidemos disfrutar dunhas actuacións fantásticas que con todo o esforzo e dedicación prepararon os nosos alumnos xunto co profesorado. Agardamos que o desfrutasedes tanto coma nós. Podedes ver os videos das actuacións premendo nos seguintes enlaces:

ACTUACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

ACTUACIÓN DO 1º CICLO DE E. PRIMARIA

ACTUACIÓN DO 2º CICLO DE E. PRIMARIA

ACTUACIÓN DO 3º CICLO DE E. PRIMARIA

CERTAME CONTOS DE NADAL DE "LA VOZ DE GALICIA E RADIO VOZ"

No centro estamos de noraboa, xa que a alumna Laura Rodríguez Pazos, de 4º de primaria, foi galardoada cun premio da 19ª edición do Concurso Contos de Nadal, que cada ano por estas datas, organiza La Voz de Galicia e Radio Voz. Os nosos parabéns para Laura por amosar o seu talento literario e a obtención de dito premio.

Os premios foron entregados o pasado sábado, 17 de decembro, durante unha gala que se celebrou na casa da cultura do concello de Cee. Na entrega de premios, a alumna estivo acompañada pola súa nai, pola concelleira de Cultura, Educación e Deportes do concello de Coristanco, Clarisa Couto, e polo director do centro, Carlos Fernández.

FOTO 1   FOTO 2

Tamén podedes ver a noticia coa reportaxe fotográfica dese día premendo AQUÍ.

25 -N: Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

O pasado 25 de novembro puxemos o noso gran de area para eliminar a lacra que supón a violencia contra a muller. No seguinte vídeo podedes desfrutar das actividades realizadas na devandita xornada.

COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS

O venres 25 de novembro, os nosos alumnos de 3º ESO da materia de Proxecto Compentecial, sairon do centro para colaborar como voluntarios na Gran Campaña de recollida de alimentos do Banco de alimentos da Coruña.
Foi unha experiencia marabillosa, onde os alumnos e alumnas amosaron un gran sentido da responsabilidade e compromiso coa causa.
Explicaron ós clientes en qué consistía a campaña, clasificaron os alimentos entregados e comprobaron que a colaboración supón un verdadeiro esforzo para os cidadáns debido ó encarecemento dos prezos da alimentación.
Unha xornada moi completa á que esperemos, podamos darlle continuidade moi pronto en colaboración con BALRIAL.
Grazas chicxs!!

                                                                                                                        Preme na imaxe para ver todas as fotografías

Álbum: SECUNDARIA 22/23 -> Banco de alimentos

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E MAGOSTO 2022

O pasado venres, 28 de outubro, celebramos o Samaín e o Magosto no centro. Foi unha xornada moi especial e terroríficamente divertida. Podedes ver como foi o día no seguinte vídeo:

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa ven de publicar a Resolución do 19 de setembro de 2022, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sotidos con fondos públicos. Nos vindeiros días vaise constituir a Xunta Electoral, que é o órgano encargado de coordionar dito proceso. Ao longo de todo o período que dure o proceso, iredes recibindo información ao respecto, e que poderedes consultar neste apartado.

Preme AQUÍ para consultar a Resolución do 19 de setembro de 2022.

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

CONVOCATORIA E PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS. SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNADO.

CONVOCATORIA E PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS. SECTOR DE ALUMNADO.

CREDENCIAIS DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

ACTA DE ESCRUTINIO DAS VOTACIÓNS

 

 

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA SPRING WEEK

Distribuir contido


by Dr. Radut