BENVID@S AO CURSO 2018 - 2019

 

PROXECTO REGUEIFA, un documental web sobre a cultura popular  de Coristanco.

Este proxecto foi realizado polo CPI Alcalde Xosé Pichel nun obradoiro de contidos dixitais dirixido por Cristina de la Torre.

Foi posible grazas ós Contrato-Programa da Consellería de Educación.

   Pódese ver premendo no escarabello regueifeiro.    

SAMAÍN 2018. INFANTIL E PRIMARIA

Xa se poden ver as fotos das cabazas e vasoiras do Samaín 2018 en Infantil e Primaria.

Noraboa aos gañador@s e grazas a tod@s pola ampla participación.

 

 

Tamén na nosa  GALERÍA

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2018/2019

  DATA HORARIO
EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA MÉRCORES, 12 SETEMBRO 9:00 - 12:00
EDUCACIÓN SECUNDARIA LUNS, 17 SETEMBRO 9:00 - 12:00

ENTREGA DE NOTAS ESO. SETEMBRO 2018

Os boletíns de notas serán entregados o venres 7 de setembro ás 12:30 h.

REUNIÓN INFORMATIVA PROXECTO E-DIXGAL

No mes de setembro haberá unha reunión informativa coas familias dos cursos E-dixgal (5ºEP e 1ºESO) para explicarlles en que consiste o proxecto dixital.

O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NO PROXECTO EDUCACIÓN DIXITAL(E-DIXGAL)

A Consellería de Educación ven de publicar a resolución provisional dos centros seleccionados para participar no proxecto Educación Dixital (E-dixgal) para o curso 2018-2019.

O noso centro foi un dos seleccionados, o cal suporá que nos cursos de 5º de Educación Primaria e 1º de ESO empregaranse os libros dixitais como material de referencia.  No caso de 5º, será en todas as materias do currículo, mentres que en 1º de ESO as materias nas que se empregará o libro dixital son: Educación Plástica, Inglés, Matemáticas, Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física e Valores Éticos.

Segundo o artigo 1 da ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso 2018-2019, o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-dixgal) no curso 18-19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas na disposición adicional primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

 

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS DE TEXTO 18-19

REVISTA ESCOLAR ASUBÍOS Nº 55. CURSO 17-18

Xa temos aquí a versión dixital do Nº 55 da Revista Asubíos que resume parte do traballo levado a cabo no noso centro durante o curso 17/18.

 

 


Distribuir contido