Skip to Content

SEMANA CULTURAL 2022

Durante toda esta semana, celebraremos no centro a Semana Cultural, cun programa variado de actividades para todo o alumnado que abranguen distintos campos e temáticas: Teatro, cine, música, danza, circo, encontros con artístas, roteiros artístico-patrimoniais, monológos, exposicións, conferencias, obradoiros,...

Podedes ver a noticia na prensa, premendo AQUÍ.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 22-23

II EDICIÓN CONCURSO DE CARRILIÑAS

Un curso máis,queremos ver rodar pola pista aos vosos bólidos, impulsados única e exclusivamente pola incorruptible forza da gravidade! Organizamos a 2ª edición do concurso de Carriliñas do CPI Alcalde Xosé Pichel!
Seguramente xa saibas de que vai o asunto, pero, por se acaso, lembrámosche que consiste en construír un obxecto rodante que baixe pola nosa pista coa única axuda do seu peso e a súa perfecta enxeñaría. Podedes consultar as bases do concurso [1] para ver todo en detalle, a inscrición [2] está aberta para todo o alumnado ata o día 7 de marzo e a competición se desenvolverá entre o 21 e o 25 de marzo.
Anímate a participar, haberá cinco grandes premios!

Premios edición 2021/22
Carriliña máis rápida
Carriliña máis orixinal
Premio ao mellor exercicio de reciclaxe
Premio á mellor enxeñería/mellor deseño
Carriliña máis lenta



 

ENTROIDO 2022

O vindeiro 25 de febreiro celebraremos o Entroido no centro. E para ir comezando, e como xa ben sendo tradición no centro, deixámosvos cos mandadiños da semana:

MANDADIÑO 1

MANDADIÑO 2

MANDADIÑO 3

MANDADIÑO 4

OBRADOIRO DE CINEMA NO PICHEL

O alumnado de 4º da ESO, participou nos obradoiros de cinema como vimos facendo nestes últimos anos.  4ºA traballou a temática lésbica e 4ºB, a transexualidade.

 

O resultados foron dúas excelentes curtametraxes, que podedes ver a continuación:

¡PARABENS AO ALUMNADO!

Departamento de Orientación

 

 

PREME NA IMAXE PARA VER OS CARTEIS DAS CURTOMETRAXES

Álbum: SECUNDARIA 21/22 -> TALLER CINEMA

25 - N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O pasado mes de novembro, celebramos no centro o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. Deixámosvos un pequeno vídeo sobre a actividade que se organizou para ese día, que podedes ver premendo no seguinte enlace:

 

INSTRUCIÓNS PARA O PAGO DO COMEDOR ESCOLAR POR ABALAR

Para ver as instrucións sobre o pago telemático do comedor escolar, preme AQUÍ

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O pasado luns, 31 de xaneiro, celebramos no centro o día da paz e a non violencia. Deixámosvos un pequeno vídeo sobre a actividade que se organizou para ese día, que podedes ver premendo no seguinte enlace:

                                                                                              VÍDEO DA PAZ

                                                                                  

MUSEO DA PATACA

Dende o centro estamos a colaborar co Concello de Coristanco na promoción e dinamización do Museo da Pataca. Podedes consultar toda a información premendo AQUÍ

FELICITACIÓN DE NADAL

En nome de toda a comunidade educativa e no meu propio, queremos desexarvos un Bo Nadal e Feliz Ano 2022, cargado de bos desexos e moita saúde.

O director

 

Preme no ENLACE para ver a postal de Nadal

Distribuir contido


by Dr. Radut