Skip to Content

QUERES CREAR O TEU PROPIO VIDEOXOGO?

Algunha vez pensaches en facer un videoxogo... pero non sabías por onde comezar? Agora tes a oportunidade!

No CPI Alcalde Xosé Pichel imos repetir o exitoso obradoiro de creación de videoxogos, impartido por m8factorial. Nel aprenderás a deseñar personaxes e escenarios, a crear mecánicas de xogo e a empregar a programación para facer realidade as túas ideas e desenvolver un videoxogo moi molón.

As sesións terán lugar un día á semana, a decidir dependendo das preferencias do alumnado, entre as 14:30 e as 16:00, entre novembro e febreiro. Para podermos organizar os posibles grupos, precisamos saber o alumnado que estaría interesado en participar, para o que é necesario que cubras este formulario de preinscrición, antes do día 17 de outubro. Os obradoiros son completamente gratuítos.

Anímate a participar e deixa voar a túa imaxinación!

 

 



story | by Dr. Radut