Skip to Content

SOS ACCIDENTES. SEMANA CULTURAL

O alumnado de infantil e primaria recibiron unha sesión de prevención e aprendizaxe para a prevención de accidentes de circulación.

CIRCANELO, DANZA E ACROBACIAS. SEMANA CULTURAL.

Este martes contamos con visita de Circanelo. Fíxonos pasar unha agradable xornada de danza, acrobacias e risas.

1ª EDICIÓN DO CONCURSO DE CARRILIÑAS.

Dende o Departamento de Tecnoloxía e Física e Química lanzamos o primeiro Consurso de Carriliñas, unha apaixoante competición na cal deberedes combinar coñecementos e creatividade. Propoñémosvos carreiras de carrilanas de tamaño reducido: as carriliñas.  

Todos partiredes da mesma base: un taco de madeira de dimensións 4,5 cm de ancho, 4,5 cm de alto e 20 cm de largo. O resto de compoñentes (rodas, aleróns, etc) deberedes conseguilas vós (fabricándoas ou reciclando).

Esta é unha actividade complementaria, polo que a construción da vosa carriliña realizarase no voso tempo libre e coa supervisión da vosa familia.

  

Qué condicións debe cumprir a túa carriliña?

    1. Debe conter na estrutura o taco de madeira inicial ou parte do mesmo (pode dárselle a forma que gustedes ou reducir o seu tamaño).

    2. Anchura máxima: 9,2 cm

    3. Largura máxima: 20 cm

    4. Altura e masa libres (sen restricións)

    5. Non debe ter ningún sistema de propulsión (só a gravidade)

 

Modalidade de participación: podedes participar individualmente ou por equipos, sendo o número máximo de integrantes 3 persoas.

Inscrición: poderedes anotarvos no formulario de inscrición.

Premios. Haberá cinco premios nas seguintes categorías:

    -A carriliña máis rápida

    -A carriliña máis orixinal

    -Premio ao mellor exercicio de reciclaxe

    -Premio á mellor enxeñería/mellor deseño

    -A carriliña máis lenta

  

Aínda que sexan pequenas, darán moita guerra seguro!

 

TEATRO “ A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR”. SEMANA CULTURAL

Aquí podedes ver unha mostra en fotografías da obra de teatro " A nena que quería navegar" da compañía Redrum Teatro, da que gozou o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria o luns 22 de marzo.

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX.

Álbum: INFANTIL E PRIMARIA 20/21 -> TEATRO "A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR" (SEMANA CULTURAL).

Xa temos os gañadores dos certames do Día de Rosalía!

Con motivo da celebración do 184 aniversario do nacemento da poeta Rosalía de Castro, o Departamento de Lingua e Literatura Galegas e os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco organizaron o concurso fotográfico “Obxectivo Rosalía” e o certame poético “Un xardín para Rosalía”.

Os gañadores das diferentes categorías foron os seguintes membros do alumnado:

FOTOGRAFÍA

-Martín Zas Regueiro (4º ESO).

-Brayan Botana Reborido (1º ESO).

Recibiron tamén unha mención especial as obras de Aldán Álvarez Andrade (1º ESO), Borja Villar Cancela (4º ESO), Lucía Cerqueiro Soneira (1º ESO) e Ana Durán Fraiz (4º ESO).

TEXTOS POÉTICOS

-Aínhoa Río Varela e Cristina Muñiz González (4º ESO, ex æquo).

No acto de entrega, os gañadores e gañadoras recibiron os seus respectivos premios da man do director do centro, Carlos Fernández; do responsable do EDLG, Héctor Cajaraville; e da xefa do departamento de Lingua e Literatura Galegas, María Xosé Garda.

A continuación podedes ver unha escolma dos traballos presentados a cada un dos certames.

 

Moitas grazas pola vosa participación!

 

Departamento de Lingua e Literatura Galegas e Equipo de Dinamización da Lingua Galega

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

 

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> GAÑADOR@S CERTAMES ROSALÍA

FOTOGRAFÍAS PRESENTADAS PARA O CONCURSO "OBXETIVO ROSALÍA"

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

 

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> OBXETIVO ROSALÍA.

TRABALLOS PRESENTADOS PARA O CERTAME "UN XARDÍN PARA ROSALÍA"

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> UN XARDÍN PARA ROSALÍA

CELEBRACIÓN DA SEMANA CULTURAL. (Do 22 ao 26 de marzo)

Ao longo desta semana celebraremos, como estivemos facendo todos os anos, a Semana Cultural no noso centro.

Gozaremos de actividades de diferentes temáticas como:

- Charlas sobre o medio ambiente, o acoso escolar, as drogodependencias, as redes sociais, a seguridade vial ... 

- Obradoiro de fotografía.

- Roteiro Via Alcaianus.

- Andaina polo Coristanco histórico.                                                                        

- Charlas sobre Orientación académica.

- Coloquio literario con Dores Tembrás.

- Cine en francés.

- Obra de teatro.

- Acrobacias e danza.

- Concerto de música.

E moitas más ...

 

Todas as actividades levaranse a cabo seguindo o protocolo de actuación e as medidas establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da Covid-19.

Distribuir contido


by Dr. Radut