Skip to Content

1ª EDICIÓN DO CONCURSO DE CARRILIÑAS.

Dende o Departamento de Tecnoloxía e Física e Química lanzamos o primeiro Consurso de Carriliñas, unha apaixoante competición na cal deberedes combinar coñecementos e creatividade. Propoñémosvos carreiras de carrilanas de tamaño reducido: as carriliñas.  

Todos partiredes da mesma base: un taco de madeira de dimensións 4,5 cm de ancho, 4,5 cm de alto e 20 cm de largo. O resto de compoñentes (rodas, aleróns, etc) deberedes conseguilas vós (fabricándoas ou reciclando).

Esta é unha actividade complementaria, polo que a construción da vosa carriliña realizarase no voso tempo libre e coa supervisión da vosa familia.

  

Qué condicións debe cumprir a túa carriliña?

    1. Debe conter na estrutura o taco de madeira inicial ou parte do mesmo (pode dárselle a forma que gustedes ou reducir o seu tamaño).

    2. Anchura máxima: 9,2 cm

    3. Largura máxima: 20 cm

    4. Altura e masa libres (sen restricións)

    5. Non debe ter ningún sistema de propulsión (só a gravidade)

 

Modalidade de participación: podedes participar individualmente ou por equipos, sendo o número máximo de integrantes 3 persoas.

Inscrición: poderedes anotarvos no formulario de inscrición.

Premios. Haberá cinco premios nas seguintes categorías:

    -A carriliña máis rápida

    -A carriliña máis orixinal

    -Premio ao mellor exercicio de reciclaxe

    -Premio á mellor enxeñería/mellor deseño

    -A carriliña máis lenta

  

Aínda que sexan pequenas, darán moita guerra seguro!

 



page | by Dr. Radut