Skip to Content

O TERCEIRO MANDADIÑO.

O SEGUNDO MANDADIÑO

O PRIMEIRO MANDADIÑO.

COMEZA O ENTROIDO EN INFANTIL E PRIMARIA.

O ALUMNADO DE 4º ESO LEVOU A CABO O OBRADOIRO DE CINE PARA DESENVOLVER VALORES RELACIONADOS COA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL.

Dende o Departamento de Orientación, desenvólvense accións que interveñen no fomento da  coeducación, promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, prevención e tratamento da violencia de xénero, promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual, prevención e tratamento da  LGBTIfobia e outras medidas semellantes.

  

DISTRIBUCIÓN DE FROITA FRESCA.

Como todos os anos, na vindeira semana levarase a cabo a campaña de "Distribución de froita fresca nos recreos", na que se lle repartirá unha peza de froita a todo o alumnado.

O ALUMNADO DE 2º DE ESO ENVÍALLES FELICITACIÓNS DE NADAL PERSONALIZADAS AOS MAIORES DA RESIDENCIA DE CARBALLO.

Desde a Residencia de Maiores de Carballo recibimos a solicitude de realizar unha fermosa actividade de cara a estas festas que acaban de rematar: que o alumnado do centro lles enviase a cada un dos seus residentes unha felicitación de Nadal.

A idea entusiasmounos, e durante a última semana antes das vacacións do Nadal o alumnado de 2º de ESO escribiulles aos maiores cartas personalizadas nas que se presentaban, se interesaban pola súa situación, lles daban ánimos nestes momentos tan complicados nas residencias e agradecían a súa resistencia e a súa valentía.

A maiores, cada rapaz e cada rapaza decorou a carta ao seu gusto, a modo de felicitación de Nadal, e todas elas foron entregadas aos seus destinatarios nun acto celebrado na residencia durante a festividade de Reis.

En canto a situación sanitaria o permita, levaremos a cabo a segunda parte da actividade: visitar a residencia para que maiores e mozos se coñezan en persoa. Oxalá poida ser axiña!

Departamento de Lingua e Literatura Galegas – Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX 

 

 

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> FELICITACIÓNS DE NADAL PERSONALIZADAS PARA OS MAIORES DA RESIDENCIA DE CARBALLO.

PROBAS DELF-SCOLAIRE 19-20 DO NOSO ALUMNADO DE FRANCÉS.

O noso alumnado de Francés de 4º ESO que o pasado mes de maio non se puido presentar aos exames do Delf Scolaire 2019-2020 debido ao confinamento, acaba de realizar satisfactoriamente as devandintas probas recibindo a calificación de "Admis".

Moitos parabéns a tod@s el@s!!

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. EDUCACIÓN SECUNDARIA.

No seguinte vídeo, podedes ver unha mostra das actividades realizadas o 25 de novembro co alumnado de Educación Secundaria, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut