As alumnas de 4º de ESO Laura Fernández e Nuria Antelo foron galardoadas na IV edición do certame Relatos de Primavera que organiza a delegación de Bergantiños de La Voz de Galicia xunto coa empresa conserveira Grupo Calvo.
Laura Fernández recibiu unha das mencións deste concurso polo relato A choiva, mentres que Nuria Antelo foi recoñecida polo texto Existen eses días... Ambas recibiron senllos agasallos e diplomas de mans dos responsables da empresas organizadoras do certame.
Parabéns ás premiadas, e moitas grazas tamén ao resto do alumnado que participou no concurso. En Coristanco hai canteira literaria, así que... a seguir escribindo!
A CHOIVA. RELATO DE LAURA FERNÁNDEZ
EXISTEN ESES DÍAS... RELATO DE NURIA ANTELO
Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Departamento de Lingua e Literatura Galegas