Skip to Content

Xa temos cafetería!

 

O pasado 4 de outubro inauguramos a cafetería do edificio de Secundaria, que nos últimos dous cursos non puido funcionar debido ás restricións derivadas da pandemia.

Aínda que de momento non é posible acceder ás instalacións interiores, as alumnos e alumnas que queren adquirir algún produto son atendidos desde a porta do local polo alumnado de 4º ESO.

A cafetería está aberta durante os dous recreos da xornada lectiva, e o alumnado pode facer uso dela en función do curso ao que pertence (1º recreo: 1º e 4º de ESO; 2º recreo: 2º e 3º de ESO).

Entre os produtos que se poden encontrar na nosa cafetería están os bocadillos e pasteis que cada día elaboran na panadería Roiser de Coristanco, bolsas de snacks, chocolatinas, gominolas, froita, auga, refrescos e zumes.

Os cartos recadados a través deste servizo irán destinados a sufragar a excursión do alumnado de 4º de ESO, unha  actividade que este curso tamén se retoma logo de dous anos de parón.

 

 

 

 



story | by Dr. Radut