Skip to Content

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Para celebrar o Día das Letras Galegas, durante a semana pasada recibimos a visita de dous escritores cuxos libros lemos en senllos cursos do centro.

O martes 18 os alumnos de 4º ESO mantiveron un encontro co escritor Héctor Cajaraville, autor de O segredo da casa de Formoso, a obra literaria que leron nesta terceira avaliación. O alumnado puido escoitar de primeira man as razóns polas que o autor escribiu esta novela, e puideron preguntarlle todas aquelas dúbidas e cuestións que lles quedaron logo da lectura. Héctor Cajaraville é profesor no noso centro, de modo que a súa presenza non foi complicada de conseguir...

O xoves 20 foi a quenda do alumnado de 2º ESO, que neste trimestre leron a novela 22 segundos, de Eva Mejuto. A autora visitou o noso instituto para falar cos rapaces e rapazas de segundo sobre a novela e todo o relacionado coa cuestións da transexualidade, leit motiv desta obra.

Murais sobre a vida e a obra de Xela Arias e varios xogos de pista e rastrexo arredor da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 completaron a proposta deste ano, condicionada (como todas as actividades desenvolvidas neste curso) pola pandemia e as medidas que foi necesario implementar para loitar contra ela.

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


album | by Dr. Radut