Skip to Content

Un traballo da alumna de 3º B Alexandra Couto será a imaxe do próximo Certame Artístico Literario Asunción Antelo

A alumna de 3º B Alexandra Couto foi a gañadora no noso centro do premio de Ilustración dentro do Certame Artístico Literario Asunción Antelo deste ano (na categoría de 3º/4º de ESO), un concurso organizado polo Concello de Coristanco e no que participan todos os centros de ensino do municipio.

O traballo de Alexandra chamou a atención entre os visitantes á exposición que se organizou no edificio de Usos Múltiples do Concello durante estas últimas semanas, tanto pola calidade da técnica empregada para a súa elaboración como polo feito de que estivese centrado na figura da persoa que dá nome ao certame, a propia Asunción Antelo.

Por este motivo, os responsables da área de Cultura municipal decidiron que este traballo gráfico estea permanentemente exposto no edificio de Usos Múltiples, onde se encontra a biblioteca municipal, a carón do centro de saúde. Así mesmo, o cartel anunciador deste certame para o próximo ano terá como elemento principal o debuxo de Alexandra.

Nas imaxes que acompañan esta información poden verse varias imaxes do acto de cesión da ilustración ao Concello de Coristanco por parte da autora, acompañada polo director do CPI Alcalde Xosé Pichel, Carlos Fernández.

Parabéns, artista!

PREMEDE NA FOTO PARA VER O ÁLBUM CON EFECTO LIGHTBOX

Álbum: SECUNDARIA 20/21 -> CERTAME ARTÍSTICO LITERARIO ASUNCIÓN ANTELO


album | by Dr. Radut