programa V sdd

  • Carmen Basadre, María Gil Martínez e Berta Figueras presentaron a programación, que terá lugar do xoves 25 de abril ao 14 de maio
  • Espectáculos no Auditorio Municipal Gustavo Freire e danza na rúa compoñen esta programación, consolidada no calendario cultural de Lugo

Lugo ofrece unha primavera máis unha intensa Semana da DanzaA Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto á secretaria do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, María Gil Martínez, e unha representante da Escola de Baile Star Dance, Berta Figueras, presentaron este mércores, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a programación da VIII Semana da Danza; que terá lugar do xoves, 25 de abril ao 14 de maio. Inclúe diferentes e variados espectáculos de danza no Gustavo Freire, e representacións de danza na rúa, ademais dun concurso coreográfico e sesións de distintas escolas.

Na presentación, Carmen Basadre amosouse satisfeita de que a Semana da Danza se consolidara xa, con 7 edicións e esta que se vai celebrar, no calendario cultural primaveral de Lugo. Tamén tivo palabras de agradecemento ao Conservatorio de Danza polo traballo que levan feito para con esta expresión artística importantísima, "non polo que representa en si mesmo, senón polo que significa para o desenvolvemento persoal e como sociedade".

Pola súa banda, Marí Gil e Berta Figueras agradeceron o apoio do Concello con esta iniciativa cultural, á que convidaron á cidadanía a asistir e participar.

A programación, toda no Auditorio Municipal Gustavo Freire, é a seguinte:

Xoves, 25 de abril

  • Ás 12:00 horas, representación didáctica para institutos de Pink Unicorns, con La Macana.
  • Ás 18:00 horas, obradoiro para nais, pais e adolescentes con La Macana. Trátase dunha actividade de inmersión artística para familias, aberta a nais, pais, rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos. Precísase convite para particpar, que se repartirán na conserxería do conservatorio de danza a partir do vindeiro martes, 23 de abril.
  • Ás 20:30 horas, Pink Unicorns, de La Macana. Nesta creación sóbense a escena un pai e o seu fillo adolescente, O primeiro, un galego de orixe cubano cunha ampla traxectoria como bailarín e, por outro lado, un rapaz de 14 anos, cheo de gañas de confrontar a súa perspectiva millenial coa do seu querido pai.

Venres, 26 de abril

  • Ás 12:30 horas, Olladas no tempo, representación didáctica para institutos. O alumnado de danza contemporánea do conservatorio de danza un grupo de percusión e clarinete do conservatorio de música Xoán Montes presentan un espectáculo de danza con músiva en vivo.
  • 20h.- Olladas no tempo + Mostra de repertorio– Auditorio Municipal Gustavo
    Freire
    A primeira parte do espectáculo consistirá en un espectáculo de danza contemporánea
    con música en vivo e a segunda nunha selección de variacións de repertorio da danza
    clásica. Os intérpretes son alumnos do Cdan de Lugo e do Cmus Xoán Montes.

Sábado, 27 de abril

  • 11,30-13h.- A contemporaneidade no baile tradicional – Obradoiro con Fran
    Sieira – Aula 6 do Cdan Lugo.
    Actividade de balde, aberta ao alumnado de grao profesional. Inscricións na conserxería
    ata o 23 de abril.
  • Ás 20:00 horas, espectáculo de baile e música tradicional galega, Entre soños, de Fran Sieira Compañía, cun elenco artístico de 3 bailadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijóo, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos.

Luns, 29 de abril

  • Ás 20:30 horas, Fusión en Danza, coa Escola Tradi Oxeito, Victorial Gil Danza&Escena, Escola de Baile Mercedes Castro, Escola de Danza Teresa Neri e Escola de Danza Star Dance.

Martes, 30 de abril

  • Ás 20:00 horas, Encontro de centros de Danza. Trátase dun acto colectivo de conmemoración do Día Internacional da Danza coa participación de divesos centros de ensinanza de danza clásica e contemporánea de Galicia.

Martes, 14 de maio

  • Ás 19:30 horas, presentación dos traballos coreográficos sobre Anne Teresa De Keersmaeker, crados polo alumnado do Conservatorio de Danza de Lugo.

As entradas son de balde ata completar a cabida, agás as sesións de tarde Pink Unicorns e Entre Soños.

Danza na rúa

Como vén sendo habitual, esta programación tamén inclúe espectáculos na rúa, do 23 ao 27 de abril. Participarán a Escola Palimoco Teatro Danza, Star Dance, Tradi Oxeito, Victoria Gil Danza & Escena, Mercedes Castro, e Gravitty, que amosarán á veciñanza esta arte na Praza de Santa María, en diversos puntos da Praza Maior e no Paseo Vila de Foz, no parque Rosalía de Castro. Máis información en www.lugo.gal

(Nota de prensa de Lugo.gal)

Distribuir contido