Premios Fin de Grao 2013

CONVOCATORIA PREMIO FIN DE GRAO CURSO 2012‐13
ESPECIALIDADE DANZA CLÁSICA

(ORDE do 10 de marzo de 2009 pola que se regula o procedemento para a obtención de matrícula de honra e
premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza)

DATA: MÉRCORES 19 DE XUÑO 11.00h

TRIBUNAL:
Presidenta: Isabel Méndez Gómez‐ Presidente suplente: Nuria Matos Patiño
Secretaria: Bárbara Piñeiro Vidal‐ Secretario Suplente: Emilio Mesías Farias
Vocal: Belén Fernández Covelo‐ Vocal suplente: Carlos Doural Lafuente

CONTIDOS DA PROBA:
1. Interpretación de dúas variacións de repertorio clásico a elexir entre tres propostas polo alumno,
unha por elección do tribunal e outra elexida libremente polo alumno. As variacións propostas
deberán ser de dificultade de nivel de sexto curso e alomenos de estilos diferentes. Todas elas
realizadas en puntas. A música a traerá o aspirante.
Criterios de valoración:
‐ Calidade técnica e correcta execución.
‐ Coordinación e correcto uso do espazo.
‐ Musicalidade.
‐ Capacidade de interpretación e asimilación do estilo.
2. Realizar unha improvisación ou exercicio de composición coreográfica con unha música elexida
polo tribunal de duración non superior a tres minutos. O Alumno disporá de 15 minutos tras
escoitar a música para preparar esta proba.
Criterios de valoración:
‐ Aproveitamento do espazo.
‐ Adecuación da composición coreográfica ao estilo musical.
‐ Creatividade, orixinalidade.

*O RESULTADO COLGARASE NO TABOLEIRO DO CENTRO AO REMATE DA PROBA

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CONVOCATORIA PREMIO FIN DE GRAO CURSO 2012‐13
ESPECIALIDADE DANZA CONTEMPORÁNEA

(ORDE do 10 de marzo de 2009 pola que se regula o procedemento para a obtención de matrícula de honra e
premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza)

DATA: MÉRCORES 19 DE XUÑO 10.00h

TRIBUNAL:
Presidenta: Isabel Méndez Gómez‐ Presidente suplente: Belén Fernández Covelo
Secretaria: Beatriz Gamborino Caramés‐ Secretario Suplente: Mª Luisa Carro Caramés
Vocal: Lucía Pérez Núñez ‐ Vocal suplente: Bárbara Piñeiro Vidal

CONTIDOS DA PROBA:
1. Interpretación dunha peza coreográfica na que amose as seguintes capacidades:
Criterios de valoración:
‐ dominio do corpo
‐limpeza e correción na execución técnica.
‐madurez, solidez, precisión e fortaleza na definición dos movementos.
‐dominio da enerxía, musicalidade, e sensibilidade artística na súa interpretación.
‐soltura e seguridade na escena.
2. Improvisación individual : deberá escoller unha das tres pezas musicais que lle proporcionará o
tribunal para amosar os diferentes recursos adquiridos no grao profesional:
Criterios de valoración:
‐manexo e dominio das correntes enerxéticas do corpo
‐calidade de movemento con autonomía e madurez
‐uso de distintos recursos creativos (ritmos, trazos no espazo, dicotomía do movemento,
pausas, a escoita, silencios, fraseos, respiración, etc)
‐conexión coa inmediatez da linguaxe corporal propia
‐confianza na súa sensibilidade e capacidade creativa.
‐capacidade de transmisión e presencia escénica.
‐Comunicación interna no movemento coa súa emotividade

*O RESULTADO COLGARASE NO TABOLEIRO DO CENTRO AO REMATE DA PROBA