Faladoiro: Trastornos na conduta alimentaria

TRASTORNOS NA CONDUTA ALIMENTARIA

Ver las imágenes de origenO vindeiro xoves 4 de marzo, terá lugar un faladoiro sobre os trastornos da conduta alimentaria, impartido pola Doutora Paula de Castro. A actividade realizarase en dúas quendas, de 11 a 13h. E de 19 a 21h. A actividade está aberta para o alumnado de 5º e 6º de grao profesional, así como tamén para as familias e os docentes da comunidade educativa, a través da plataforma CiscoWebex.

 Dra. PAULA DE CASTRO FERNÁNDEZ 

Catedrática de Danza Clásica e Primeira Bailarina internacional. Á cabeza de varias compañías e en Galas internacionais, interpretou durante máis de 20 anos tanto os primeiros roles do repertorio clásico como coreografías neoclásicas e contemporáneas.

Doctorada Cum Laude, é Graduada en Psicoloxía, Titulada Superior en Pedagoxía da Danza, Licenciada en Filoloxía Hispánica, Máster en Neuropsicoloxía, Máster en Artes Escénicas, Máster en Formación do Profesorado, Máster en Psicoloxía do Comportamento, Máster en Psicoloxía Infanto-xuvenil e Máster en Psicopedagoxía. Paula de Castro é Catedrática de Danza Clásica e Xefa do Departamento de Pedagoxía del CSDMA de Madrid, tribunal de concursos, becas e exames oficiais nacionais e internacionais, profesora convidada en Masterclasses e formadora de profesores a nivel internacional. Como investigadora realiza conferencias y relatorios en Universidades e Congresos internacionais, así como publicacións sobre Metodoloxía da Danza Clásica, Danzaterapia, Pedagoxía e Psicoloxía aplicada á danza.