O profesorado do CDAN remata o proxecto de formación Erasmus+

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo desenvolveu no presente curso escolar unha nova liña dentro do Proxecto de Formación Permanente do Profesorado: Implantación dos programas Erasmus+ no CDAN de Lugo. 

A través do seminario Á procura da internacionalización do CDAN o profesorado afondou no deseño dun plan de desenvolvemento europeo axeitado ás necesidades das nosas ensinanzas.

Grazas ós poñentes Francisco Javier Nuñez Aguado e Teresa Bacete García por compartir as súas experiencias e ao equipo de profesores pola súa dedicación.