Danzas de carácter con Gail Brevitt

O alumnado de grao profesional da especialidade Danza clásica  do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo tivo a oportunidade de afondar nas danzas de carácter da man de Gail Brevitt, que con gran entusiasmo e xenerosidade percorreu as danzas máis significativas presentes no repertorio da danza clásica.