Charla sobre estudos superiores

Hoxe luns ás 20,30h, teremos un faladoiro sobre os estudos superiores que se imparten no Institut del Teatre de Barcelona. As poñentes da actividade serán Cristina Facco, profesora de danza clásica nese centro e María Pichín, ex-alumna do Cdan de Lugo que na actualidade está a rematar os seus estudos de danza no Institut. 
 
A actividade terá lugar no salón de actos da EOI e está aberta a todo o alumnado a partir de 3ºGP, así como tamén ás súas familias.
 
Ás 18,30h Cristina Facco impartirá unha clase de danza clásica na aula 6 do noso centro para o alumnado de 3º a 6º da especialidade de danza clásica.