Novo convenio entre o CDAN e a Deputación Provincial de Lugo

  • O Executivo Provincial achega 2.500 euros para promover a iniciativa Lugo en Danza, que inclúe actividades deste colectivo por toda a provincia, facilitando o acceso a todos os públicos a este tipo de espectáculos de baile de xeito totalmente de balde.
  • García Porto explicou que “ademais, os alumnos que participan realizan unha aprendizaxe a través das representacións das artes escénicas, ao mesmo tempo que fomentamos os estudos profesionais de danza por toda a provincia”.

O Conservatorio de Lugo é o único centro público de danza da comunidade, dependente da Consellería, onde se poden cursar o grao elemental así como os graos profesionais de danza clásica e da danza contemporánea

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, avanzou que o Goberno da Deputación asinou un novo convenio de colaboración co conservatorio de danza de Lugo, no que participan 100 alumnos, cunha achega económica de 2.500 euros, para promover a iniciativa Lugo en Danza, que inclúe actividades deste colectivo por toda a provincia.

García Porto remarcou que “o obxectivo destas representacións é promover o acceso a todos os públicos a este tipo de espectáculos que non son habituais nas programacións dos Concellos, e que ademais son de balde. Ademais, os alumnos que participan realizan unha aprendizaxe a través das representacións das artes escénicas, ao mesmo tempo que fomentamos os estudos profesionais de danza por toda a provincia”.

Cursos de grao elemental, danza clásica e contemporánea en Lugo
O Conservatorio de Lugo, no que participan 100 alumnos, é o único centro público de danza da comunidade, dependente da Consellería, onde se poden cursar o grao elemental así como os graos profesionais de danza clásica e da danza contemporánea.  Actualmente mantén unha importante presenza na axenda cultural de Lugo, ademais doutras comunidades.

Fonte: web Deputación Provincial de Lugo.

http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/70613