O Cdan no 2º Ballet Solidario de ACOES, en A Coruña

O CDAN Lugo participará, un ano máis, xunto coa Escola Municipal de Oleiros e o Conservatorio da Deputación da Coruña no Ballet Solidario organizado por ACOES Galicia.
 
O alumnado e profesorado participante partirán da cidade lucense até o Centro Ágora da cidade coruñesa, para presenciar a representación dancística, que terá lugar o sábado día 2 ás 20.00 h no salón de Actos. Será preciso mercar entradas a través da web do ticketea https://www.ticketea.com/entradas-danza-gala-benefica-con-acoes-agora/.
 
Sobre ACOES
 
ACOES (Asociación Colaboración e Esforzo) é unha organización non gubernamental sen ánimo de lucro constituída en Tegucigalpa (Honduras). A través dos proxectos educativos que desenvolve, fomenta a solidariedade e traballa para a educación e o desenvolvemento integral do ser humano nos sectores de poboación máis desfavorecidos.
 
ACOES HONDURAS fundouse en 1993 polo sacerdote Patricio Larrosa, natural de Huéneja (Granada), que ao ver a gran necesidade da poboación propúxose axudar xunto a un grupo de mozos hondureños.
Na actualidade son máis de 200 os voluntarios hondureños que sosteñen o desenvolvemento dos distintos proxectos, coa axuda da cooperación internacional e de centos de voluntarios de España, Estados Unidos, Canadá, Francia,?.
 
En España, existen 23 Asociacións legalizadas para apoiar a ACOES HONDURAS (Hai ACOES Galicia, Canarias, Cataluña, Vigo, Granada Crea, Altiplano de Granada, Huéneja, Sevilla, Motril, Almuñecar, Vitoria, Valencia, Navarra, Madrid, Málaga Coperación Honduras, Badaxoz, Catratxhos, Montaña de Prata, Amigos de Honduras Xaén, Cádiz, Almería, Zarautz, Banco de libros Tíjola e Pamplona). En Alemaña Globus Humanus E.V. En Francia e Canada existen voluntarios que colaboran tamén con Honduras.