RAÍZ E MODERNIDADE DA DANZA TRADICIONAL GALEGA con Iván Villar

O próximo xoves 30 de Novembro terá lugar o OBRADOIRO E CHARLA CON IVÁN VILLAR AGULLEIRO que xirará arredor da “RAÍZ E MODERNIDADE DA DANZA TRADICIONAL GALEGA”

Sobre Iván Villar
Docente, coreógrafo, bailarín, bailaor e bailador profesional titulado en Danza Contemporánea e Flamenco. Participa como bailarín e coreógrafo en diferentes producións de flamenco, danza contemporánea e danza galega (Ballet Galego Rey de Viana, Nova Galega de Danza, Centro Coreográfico Galego, etc). Actualmente é bailarín na compañía Nova Galega de Danza e docente en diferentes agrupacións.

Contidos do Obradoiro

-Técnica tradicional aplicada á xota e á muiñeira.
-Formacións coreográficas tradicionais.
-Fusión da danza tradicional galega coa danza contemporánea.
-Creación de pequenos fragmentos coreográficos co material traballado.

Horarios:
18.00-19.00: 1º GP
19.00-20.30: 6º GP + ALUMNADO INSCRITO NO OBRADOIRO DE DANZA GALEGA-CDAN
20.30-20.40: MOSTRA DO TRABALLO (ABERTO A TODO O CENTRO)
20.40-21.00: CHARLA E COMENTARIO SOBRE A EVOLUCION DA DANZA TRADICIONAL GALEGA (ABERTO A TODO O CENTRO)

Data: XOVES 30 DE NOVEMBRO
LUGAR: Sala polivalente do Cdan  de Lugo
ORGANIZA: Equipo da Dinamización da Lingua Galega