Premios Fin de Grao

PUBLICADAS AS DATAS DOS PREMIOS FIN DE GRAO CURSO 2023/2024

LUNS 20 DE MAIO_19 HORAS_PREMIO FIN DE GRAO ESPECIALIDADE DANZA CLÁSICA

 

Publicación de resultados: Martes 21 de maio

MARTES 21 DE MAIO_19 HORAS_PREMIO FIN DE GRAO DA ESPECIALIDADE DE DANZA CLÁSICA

Publicación de resultados: Mércores 22 de mao

Premios para alumnado de 6º de Grao Profesional, cunha cualificación media no último curso das ensinazas profesionais, de 8 ou máis.

 

CONTIDOS DA PROBA DE DANZA CLÁSICA

CONTIDOS DA PROBA DE DANZA CONTEMPORÁNEA

1.- Interpretación de dous variacións de repertorio clásico a elexir entre tres propostas polo alumno/a, unha por elección do tribunal e outra elexida libremente polo alumno/a.  As variacións propostas deberán ser de dificultade de nivel de sexto curso e alomenos de dous estilos diferentes. Todas elas realizadas en puntas para as chicas. A música a traerá o aspirante.

Criterios de valoración:

- Calidade técnica e correcta execución.

- Coordinación e correcto uso do espazo.

- Musicalidade.

- Capacidade de interpretación e asimilación do estilo.

2.- Realizar unha improvisación ou exercicio de composición coreográfica con unha música elexida polo tribunal de duración non superior a tres minutos. O Alumno/a disporá de 15 minutos tras escoitar a música para preparar esta proba.

Criterios de valoración:

- Aproveitamento do espazo.

- Adecuación da composición coreográfica ao estilo musical.

- Creatividade, orixinalidade e calidade interpretativa.

1.- O alumno deberá elexir e interpretar unha coreografía dentro destas liñas de traballo e coreógrafos propostos a continuación:

a) Jiri Kylian, Mats Ek, Nacho Duato.

b) Akram Khan, Sidi Larbi Cherkaoui, Ohad Naharin.

c) Anne Teresa de Keersmaeker, Angels Margarit.

2.- O alumno interpretará unha coreografía dun estilo e liña coreográfica distinta á elixida e interpretada anteriormente.

Criterios de valoración das coreografías presentadas:

- Calidade técnica e correcta execución.

- Coordinación e correcto uso do espazo.

- Musicalidade.

- Capacidade de interpretación e asimilación do estilo.

3.- O alumno desenvolverá unha improvisación de carácter libre, a elixir entre tres pezas musicais presentadas polo tribunal.

Criterios de valoración da improvisación:

-Dominio do espazo, os ritmos e as dinámicas.

-Dominio do manexo enerxético nos movementos.

-Dominio das calidades de movemento.

-Coñecemento e recursos nos diferentes planos espaciais.

-Sensibilidade artística e musicalidade.

-DURACIÓN DAS PEZAS COREOGRÁFICAS: Non máis de cinco minutos.

-DURACIÓN DA IMPROVISACIÓN: Entre tres e cinco minutos.


 

 

 

AdxuntoTamaño
premiosfindegrao_CDANLUGO_23-24.pdf468.99 KB
SOLICITUDE_PREMIO_FINDEGRAO.pdf365.2 KB