Política de calidade

Política de calidade. Conservatorios de Música e de Danza da Comunidade Autónoma de Galicia
 
Os Conservatorios de Música e de Danza da Comunidade Autónoma de Galicia definiron a calidade como parte fundamental da súa política e da súa estratexia, e adoptaron un
sistema de xestión baseado na calidade como modelo de referencia para a xestión da Institución. Este sistema de aseguramento da calidade está baseado na Norma UNE-EN ISO
9001:2015.
 
Estes centros adoptaron a calidade como unha filosofía de actuación que se identifica coas seguintes directrices:
 Busca de excelencia no traballo desenvolvido e nas actividades e servizos presatados .
 A aportación de valor ao alumnado, ás familias, ao profesorado e ao persoal do centro, escoitando a súa voz e procurando satisfacer as súas expectativas.
 A adopción de metodoloxías de traballo baseadas na cultura da evidencia e a xestión a partir de datos e a disciplina do traballo en equipo.
 A xestión dos procesos orientada á mellora continua mediante a planificación de obxectivos , o desenvolvemento de actuacións para levalos a cabo e e a revisión dos
mesmos para establecer cambios e/ou melloras.
 Diseño de Obxectivos e Indicadores acordes ao Plan Estratéxico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade mais os establecidos polos propios
Cconservatorios para a mellora en todos os proceso levados a cabo.
 
Estas directrices despréganse na Rede de conservatorios a través de :
 Medición e análise periódico da satisfacción de alumnado, familias , docentes e resto da comunidade implicada .
 Revisión do sistema da calidade e actualización periódica de procesos.
 Auditorías internas e externas do sistema da calidade.
 
As Direccións dos Conservatorios de Música e de Danza facilitarán os medios e a formación necesarios para o desenvolvemento con éxito das actividades.
Esta Política de calidade servirá de marco de referencia para establecer e revisar o Plan estratéxico e os obxectivos de calidade.
Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
 
A Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial revisará esta política polo mínimo unha vez ao ano, para verificar a súa adecuación á forma real de
traballo da Conservatorios de Música e de Danza Galicia.
Co fin de que sexa coñecida por todo o persoal dos centros, a Política de Calidade estará accesible públicamente.
 
Jose Luis Mira Lema
Secretario Xeral de Educacion e Formación Profesional,
Santiago de Compostela, 01 de setembro de 2021
AdxuntoTamaño
MD51LID02_Politica_CMUS_CDAN_asinada.pdf270.92 KB