Raúl Ferreira volve a casa

O titular ben podería ser o dun spot publicitario de nadal, mais o que acontence é un feito importante para a colectividade dancística galega e máis no concreto para a comunidade educativa do CDAN.

Raúl Ferreira cursou Grao Elemental e Grao Profesional na especialidade de Danza Clásica no noso centro. Ao igual que o resto de alumnado, esto implica 10 anos dun plan de estudos que ás veces resulta difícil de compatibilizar cos estudos de réxime xeral. Agora atópase en San Petersburgo realizando un curso de excelencia na prestixiosa Academia Vaganova de Ballet. Ferreira, que pisa as táboas que antes pisaron personaxes que marcaron o devir do ballet a nível mundial, está a recibir a máxima formación á cal pode aspirar un bailarín de ballet clásico.

Nunha sociedade como a nosa, onde a arte non só é minoritaria, senón que ademáis está a sofrir os inmerecidos recortes no ámbito educativo e social, o caso de Raúl é a constatación dun feito; o amor pola arte e pola danza -cunha forte carga de traballo, compromiso e constancia-, no que están implicados alumnado, profesorado e familias. É un sopro de ar fresto, unha mostra para sentírmonos orgullosos da labor realizada.

Onte, o centro que lle abríu as portas hai máis de dez anos recibíuno con amor e estima. El correspondeu co agradecemento en forma de clases, consellos e anécdotas do seu periplo vaganoviano. Frente del, o alumnado e profesorado con quen convivíu, aprendeu e compartíu. Atento, orgulloso, agradecido.

Non faltou a empatía, a felicidade e a alegría. Como antes fixeran Iris Pintos e Esther Latorre -bailarinas e coreógrafas contemporáneas recoñeciñas e premiadas polos seus traballos e saídas tamén do CDAN-, Raúl volveu a casa para compartir, para mostrar e para divulgar.

Polos ollos do alumnado que onte participou deste encontro, podemos asegurar que o camiño está sementado e que terá novos froitos. Toca continuar na senda, respectar os ciclos e seguir coa labor. E como no anuncio do turrón, que volvan os froitos a casa. A quen lle amarga un doce?.