Galas Fin de Curso do Cdan

  • O Cdan de Lugo despide o curso con dúas Galas no Gustavo Freire
  • Grao Profesional celebrará a Gala o Xoves e Grao Elemental o Venres

Como ven sendo tradicional, o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo celebrará o fin de curso con sendas Galas -a de profesional e a de elemental- e será unha vez máis no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Todavía quedan entradas (de balde) para asistir a ámbolos dous espectáculos. Estarán dispostas na taquilla do mesmo auditorio o día da Gala, nas horas previas. A galas fin de curso son posibles grazas á colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, e nelas participarán a práctica totalidade do alumnado que este curso realizou os estudos no conservatorio.

"Dentro de mín" é o título sobre o que xirará a temática da gala de grao elemental, centrada na película que fala de sentimentos. A cita será o venres ás 20.30 h.

Para profesional o centro escolleu "Unha gala de cine" onde farán un percorrido por algunhas das películas máis emblemáticas da historia do cine. Neste caso a representación será o xoves ás 20.30 da tarde.

AdxuntoTamaño
Cartel GALA ELEMENTAL 2016 copia.pdf3.69 MB
Cartel UnhaGalaDeCine CDAN2016_sRGB_1080_v02.jpg597.22 KB