HORARIO ENTREGA NOTAS

 MARTES 5 DE XUÑO

·         1ºA 18.00H A. TEÓRICA (AMPARO)

·         1ºB 18.30H A. TEÓRICA (AMPARO)

·         2ºA 18.00H AUDIO (LUCIA)

·         2ºB 18.30 H AUDIO (LUCIA)

·         3ºA 18.00H A8 (BEA)

·         3ºB 18.30H A8 (BEA)

 

 XOVES 7 DE XUÑO

 

·         1ºGPA 16.00H A8 (NURIA)

·         1ºGPB 16.30H A8 (ANA)

·         2ºGPA 16.30H A.TEÓRICA (ROMINA)

·         2ºGPB 16.00H A.TEÓRICA (REYES)

·         3ºGPA 16.00H A.AUDIO (MARIA)

·         3ºGPB 16.00H A7 (ALBA)

·         4ºGPA 16.00H  A5 (BELÉN)

·         4ºGPB 16.30H A.AUDIO (SILVIA)

·         5ºGPA 16.30H A9(JESÚS)

·         5ºGPB 16.00H A9 (ANA)

·         GE 4ºA+B  18.00H A6 (CRIS)

 

O próximo venres día 1 terá lugar a Gala de Grao Profesional 2018 no Gustavo Freire.

Nesta versión particular da obra de Wenceslao Fdez. Flores, o conservatorio poñerá en escena 18 coreografías das especialidades de Danza Clásica e Danza Contemporánea que xirarán arredor dunha narración -á cal puxeron voz o músico Antón Castro e a alumna Candela Díaz- como fío condutor.

As galas do CDAN un clásico en Lugo

 As galas do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, convertéronse co paso dos anos, nun clásico na programación de Danza na cidade de Lugo. Son de feito, un referente para moitos dos cidadáns e cidadás que asisten a espectáculos de danza na cidade. O aforo está prácticamente completo.

Durante o espectáculo terán cabida tamén as actuacións dos obradoiros que se imparten no centro e ao que o alumnado asiste de maneira voluntaria a maiores do seu horario obrigatorio, tal é o caso dos obradoiros de Flamenco e de Danza Galega.

Un mundo de sensacións para o alumnado de sexto curso

 Na gala ríndese tamén unha merecida homenaxe ao alumnado de sexto curso, que verán rematados seus estudos profesionais tras oito anos no centro. Un mundo de sensacións como despedida coa calor de familiares, amigos, profesorado e compañeiros, que arrouparán -co lóxico entusiasmo- a quen durante anos formou parte da familia cedanística.

Para uns é a despedida dos estudos de danza, para outros a continuación hacia os estudos superiores.

Non nos queda dúbida de que para todos e todas é "a Gala", a súa particular gala.

Xa vemos de preto o bosque. Prevenidos...   

O vindeiro venres 25 de maio celebramos a gala de fin de curso de grao elemental, ás 20,30h, no Auditorio Gustavo Freire.

Haberá un ensaio ás 18,45 aberto ao alumnado de GP e aos profesores dos colexios.

Debuxo: Alberto Manuel Iglesias González (3ºB)

 

 

 

 

Diferentes actuacións de baile captarán todas as miradas coa celebración da VII Edición da Semana da Danza de LugoA Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre xunto a Directora do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, Isabel Méndez e a Vicedirectora do centro, Cristina Lata, presentaron este martes, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a programación da VII Semana da Danza que terá lugar ata o 29 de abril con diferentes mostras e espectáculos nas que se inclúen representacións na rúa, un concurso coreográfico ou actuacións de diferentes escolas da cidade e galegas.

Carmen Basadre sinalou que “para nós é un orgullo achegar á cidade de Lugo espectáculos de calidade para que todas e todos os lucenses poidan gozar, de primeira man, da arte da danza, amosando, deste xeito, o traballo que durante todo o ano se realiza dende o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo ou as diferentes escolas de Lugo e Galicia”.

Nesta liña, Isabel Méndez agradeceu ao Concello a posibilidade de organizar este evento artístico un ano máis no que se inclúen actividades de baile de todo tipo, “é o caso da representación da Nelkenline de Pina Bauch, onde calquera persoa amante da danza, pode aprender a coreografía e participar na representación na Praza de Santa María o sábado 28 de abril”.

Nesta edición inclúese a actuación da compañía Maduixa Teatre cunha peza a prol das mulleres, Mulïer, así o destacou a edil de cultura: “É un auténtico honor contar coa presenza de representacións deste calibre e compañías asentadas no eido da danza. Con esta obra, Maduixa Teatre foi galardoada con catro premios nacionais, entre eles dous Max de artes escénicas e máis de 2.500 representacións por todo o mundo nos 14 anos de vida dende a creación da compañía”.

Esta programación que xa se iniciou na xornada de onte cunha actuación de danza-teatro inclúe as seguintes representacións, todas elas de balde ata completar a cabida:

  • Xoves, 26 de abril, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire: mostra de danza de carácter, danza galega e flamenco, interpretadas polo alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.
  • Venres, 27 de abril, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire: presentación dos traballos coreográficos sobre María de Ávila, creados polo alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.
  • Sábado, 28 de abril, ás 12:45 horas na Praza de Santa María: interpretación da Nelkenline de Pina Bauch, a cargo das escolas de danza de Galicia, (no caso de que chova realizarase no Vello Cárcere ás 12:00 horas); ás 13:00 horas na Praza de Santa María representación de Mulïer da compañía valenciana Maduixa Teatre (no caso de que chova a actuación trasladarase ao Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 13.15 horas) e ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire acto colectivo da conmemoración do Día Internacional da Danza coa participación de diversos centros de ensinanza de danza clásica e contemporánea de Galicia.
  • Domingo, 29 de abril, ás 18:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire: actuación das distintas escolas de danza da cidade de Lugo, Espazo artístico 10, Gravitty, Mercedes Castro, Star Dance, Teresa Neri e Victoria Gil.

Actuacións na rúa

Ademais das representacións mencionadas tamén haberá danza polas rúas da cidade:

  • Mércores 25 de abril, ás 17:00 horas, na Praza Maior: Espazo artístico 10. Bailes Tradicionais, obradoiro de bailes tradicionais para toda a familia.
  • Venres, 27 de abril, ás 17:00 horas, na Praza Anxo Fernández Gómez: Escola de Danza Star Dance e no Centro de día para maiores Alalás, Espazo Artístico 10 bailes tradicionais e ás 19:00 horas, no Fondo da Praza Maior, Victoria Gil Danza & Escena.
  • Sábado, 28 de abril, ás 17:00 horas, no fondo da Praza Maior: Escola de Danza, Gimnasia e Espectáculos Gravitty.

Mulïer – MaduixaTeatre

Nesta edición, a Semana da Danza acolle á compañía valenciana Maduixa Teatre coa peza Mulïer, un espectáculo en zancos, interpretado por cinco bailarinas a prol das mulleres que pretende investigar os límites físicos da danza, o equilibrio, as emocións e a poesía. O espectáculo xorde da necesidade de explorar a identidade feminina a través do xogo corporal, facendo fincapé na imaxe, a poética visual e a narración para chegar á sensibilidade do espectador. Este espectáculo é unha homenaxe a todas as mulleres que durante séculos loitaron para manter vivo o seu eu salvaxe.

A Compañía Maduixa Teatre naceu no ano 2004 e logrou consolidarse no sector profesional da danza a través da creación de espectáculos singulares, un traballo rigoroso e unha delicada investigación, corporal e artística, no proceso das súas montaxes. Así mesmo realizaron unha extensa xira por máis de 20 países de Europa, Asia, Norte América e Centro América, recibindo unha vintena de premios.

Distribuir contido