No adxunto incluímos un documento con información sobre as validacións. No mesmo incluímos as preguntas frecuentes e as casuísticas máis comúns coas que se atopa o alumnado, co que esperamos clarificar as dúbidas que se vaian presentando.

 Ver las imágenes de origen

A partir do venres día 2 de outubro 2020, o teléfono para tódalas xestións administrativas do centro será o 982809642 (de 9.00h a 14.00h).

 

As clases no Conservatorio Profesional de Danza de Lugo darán comezo o xoves 1 de outubro para os grupos en horario de mañá e os cursos quinto e sexto de grao profesional en horario de tarde. 
 
Para os restantes grupos e cursos aínda debemos esperar un pouquiño para comezar. 
 
Terémosvos ao corrrente!

ADIAMENTO DO INICIO DAS CLASES!!
O comezo das clases estaba previsto para o luns 28 de setembro 2020. Por razóns alleas á nosa vontade, o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo debe aprazar o inicio das clases ata novo aviso.

Manterémosvos informados.

Xa está ao voso dispor a "Guía de Acollemento do alumnado 2020/21."

O citado documento contén información de interese para o alumnado e as familias, con todo o que ten a ver cos estudos e organización do CDAN Lugo.

A "Guía" está aloxada no menú de alumnado, na marxe esquerda da nosa web e poderás acceder a ela tamén dende aquí.

Distribuir contido