Segunda edición da “Gala de danza contra o cancro”.
Xoves - 14 de febrero - 20:30 no Gustavo Freire.

Intérpretes: bailaríns de grao profesional do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. Mostrarán pezas de danza galega, flamenco, danza clásica e danza contemporánea.
Presentan: alumnos de grado elemental do Cdan de Lugo e a actriz lucense Beatriz Serén

Todos os beneficios irán destinados á Asociación Española contra el Cáncer (AECC).

Entradas en ataquilla.com

A danza foi durante boa parte da historia unha arte na que as mulleres deixaron a súa pegada como creadoras e directoras, ademais de como intérpretes. Sen embargo, nas últimas décadas produciuse un retroceso e unha invisibilización desta axencia feminina.

Recentemente, aínda que de forma lenta, esta invisibilización estase a cuestionar en diferentes medios de comunicación e no propio sector. No medio do movemento #metoo, a denuncia pola ausencia en postos de creación e de poder foi tomando forza.

Neste faladoiro trataremos estes debates de actualidade en torno a estes feitos e analizaremos por que ao longo da historia da muller, sempre que esta se adentrou no campo da creación e do poder, foi definida como unha “pioneira” e as implicacións que isto ten na educación das novas xeracións.

6 de febreiro, de 19,30 a 21h
Aula 6
Alumnado de grao profesional de ambas as dúas especialidades

O vindeiro 5 de febreiro parte do alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo bailará co Ballet Imperial Ruso a coñecida obra de repertorio clásico "O Quebranoces".

O alumnado seleccionados para participar en este ballet teñen entre 8 e 13 anos e cursan entre 1º de grao elemental e 2º de grao profesional. Todos eles levan ensaiando desde decembro co profesorado do centro e interpretarán á rapazada da festa, aos ratos, aos cañoneiros e á cabalería na batalla e aos anxiños e aos ananiños no segundo acto.

A cita terá lugar ás 20,30h no Auditorio Municipal Gustavo Freire e as entradas están á venda na páxina de Ataquilla. A compañía convidou a todo o alumnado do centro a asistir como público á clase e ao ensaio xeral do Quebranoces, que terán lugar esa mesma tarde no auditorio.

*Foto: Fernando de Valenzuela

O mércores 30, celebramos o Día Escolar da Paz e da non violencia no Cdan. Durante estas datas, o alumnado realizou uns traballos de papiroflexia que penduraron no hall do conservatorio e que incluían desexos de paz, realizados polo mesmo alumnado.

DÍA ESCOLAR INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2019
O 30 de xaneiro conmemórase o “Día Mundial pola Paz”, a Paz como un estado onde non existe ningún tipo de violencia e créase unha convivencia sa entre as persoas.
Este día instaurouse na Asemblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1981. Naceu co obxectivo de influenciar nas políticas de todos os países no eido de erradicar a violencia en todos os seus xéneros.
A data foi elixida en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi (Mahatma quere dicir 'alma grande' en sánscrito), considerado o máximo representante do pacifismo mundial, polo seu compromiso na loita polos dereitos das persoas e dos pobos, loita que levaba a cabo por medio de accións non violentas, onde se fomentaba a concienciación e o diálogo.

Nesta data recordamos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.

O lema deste día é:
'Amor universal, non-violencia e paz
O amor universal é mellor que o egoísmo
A non-violencia é mellor que a violencia
E a paz é mellor que a guerra'

  • O Executivo Provincial achega 2.500 euros para promover a iniciativa Lugo en Danza, que inclúe actividades deste colectivo por toda a provincia, facilitando o acceso a todos os públicos a este tipo de espectáculos de baile de xeito totalmente de balde.
  • García Porto explicou que “ademais, os alumnos que participan realizan unha aprendizaxe a través das representacións das artes escénicas, ao mesmo tempo que fomentamos os estudos profesionais de danza por toda a provincia”.

O Conservatorio de Lugo é o único centro público de danza da comunidade, dependente da Consellería, onde se poden cursar o grao elemental así como os graos profesionais de danza clásica e da danza contemporánea

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, avanzou que o Goberno da Deputación asinou un novo convenio de colaboración co conservatorio de danza de Lugo, no que participan 100 alumnos, cunha achega económica de 2.500 euros, para promover a iniciativa Lugo en Danza, que inclúe actividades deste colectivo por toda a provincia.

García Porto remarcou que “o obxectivo destas representacións é promover o acceso a todos os públicos a este tipo de espectáculos que non son habituais nas programacións dos Concellos, e que ademais son de balde. Ademais, os alumnos que participan realizan unha aprendizaxe a través das representacións das artes escénicas, ao mesmo tempo que fomentamos os estudos profesionais de danza por toda a provincia”.

Cursos de grao elemental, danza clásica e contemporánea en Lugo
O Conservatorio de Lugo, no que participan 100 alumnos, é o único centro público de danza da comunidade, dependente da Consellería, onde se poden cursar o grao elemental así como os graos profesionais de danza clásica e da danza contemporánea.  Actualmente mantén unha importante presenza na axenda cultural de Lugo, ademais doutras comunidades.

Fonte: web Deputación Provincial de Lugo.

http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/70613

Distribuir contido