Retomamos as colaboracións!!!!

Puede ser una imagen de 12 personas, personas de pie e interior"Universo Reich" é un proxecto pedagóxico colaborativo desenvolvido por alumnado de escenografía e deseño audiovidual, danza contemporánea e música da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e da Academia Internacional Cardinais 2022/2023 de Vertixe Sonora, respectivamente.
 
Tomando como punto de partida a lexendaria peza musical de Steve Reich Music for 18 Musicianse a través da metodoloxía Art Thinking,dito alumnado levará a cabo unha proposta artística propia coa coordinación do profesorado das tres institucións en diferentes sesións de traballo conxunto e individual.
 
A creación resultante será presentada en abril de 2023 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, frutificando desta forma unha experiencia artística sen precedentes no ámbito educatico galego.