AVISO IMPORTANTE! Clases non presenciais

Estimadas familias,

O Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade informou que os Conservatorios de Galicia pasaremos ao ensino non presencial dende o mércores 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro. A decisión, consecuencia da situación sanitaria, ten como obxectivo reducir a mobilidade do alumnado.

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, ten establecido no plan de continxencia as actuacións para o periodo de actividade lectiva non presencial que serán de aplicación a partir do mércores 27 de xaneiro. Recibiredes toda a información a través de Centros Net.

O equipo directivo e docente estamos á vosa enteira disposición a través dos medios telemáticos habituais.

Raquel González García.

Directora do CDAN Lugo.