blogue deadmin

Estimadas familias,

A Orde do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia , dispón que os Conservatorios de danza de Galicia restableceremos a actividade lectiva presencial a partir do 22 de febreiro 2021. Os días 18 e 19 de febreiro a actividade lectiva desenvolverase de xeito non presencial.

Un saúdo cordial,

Raquel González García

Directora CDAN Lugo

Estimadas familias,

O Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade informou que os Conservatorios de Galicia pasaremos ao ensino non presencial dende o mércores 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro. A decisión, consecuencia da situación sanitaria, ten como obxectivo reducir a mobilidade do alumnado.

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, ten establecido no plan de continxencia as actuacións para o periodo de actividade lectiva non presencial que serán de aplicación a partir do mércores 27 de xaneiro. Recibiredes toda a información a través de Centros Net.

O equipo directivo e docente estamos á vosa enteira disposición a través dos medios telemáticos habituais.

Raquel González García.

Directora do CDAN Lugo.

CURSO 2020-2021 - PRIMEIRA AVALIACIÓN

PECHE DA CONSULTA DA APLICACIÓN AOS PAIS/ALUMNADO: VENRES 11 DE DECEMBRO

APERTURA DA APLICACIÓN PAIS/ALUMNADO: XOVES 17 DE DECEMBRO

GRAO ELEMENTAL

GRAO PROFESIONAL

XUNTAS AVALIACIÓN MARTES 15 DECEMBRO

XUNTAS AVALIACIÓN

GRUPOS DE MAÑÁ: MARTES 15 DECEMBRO GRUPOS DE TARDE: MÉRCORES 16 DECEMBRO

ENTREGA DE NOTAS DO XOVES 17 AO MARTES 22 DE DECEMBRO

CONSULTA DE NOTAS A PARTIR DO XOVES 17 DE DECEMBRO.

O Curso Preparatorio dará comezo o luns 26 de outubro.

No adxunto incluímos un documento con información sobre as validacións. No mesmo incluímos as preguntas frecuentes e as casuísticas máis comúns coas que se atopa o alumnado, co que esperamos clarificar as dúbidas que se vaian presentando.

Distribuir contido