blogue deadmin

Esta semana teremos un obradoiro de danza contemporánea coa bailarina e codirectora de Colectivo Glovo, Esther Latorre. Será o mércores 4 de maio co alumnado de 5º e 6ºGP

Coñécesnos? 

Achégate ás ensinanzas de danza os días 3, 4 e 6 de maio en horario de mañá.

Onde?

Na Ronda Músico Xosé Castiñeira, 3 (Lugo)

Vén a coñecer o noso proxecto educativo e as nosas instalacións

Agardámosvos.

Podes concertar unha cita a través do e-mail ou do teléfono do centro. 

conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal

982809642/982284704

Con motivo da celebración do Día Internacional da Danza o vindeiro 29 de abril o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo presentará no Auditorio Municipal Gustavo Freire as súas galas de clausura en colaboración coa concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
 
Todas as funcións terán lugar ás 20,30h. A primeira gala celebrase o 25 de abril, baixo o título "Historietas xacobeas" e contará co estudantado de grao elemental. O alumnado de grao profesional interpretará dúas obras tituladas "O Camiño" o 26 e o 27. As entradas son de balde e poden adquirirse a través do portal entradaslugo.es
 
Na presentación destas actividades do CDAN Lugo Maite Ferreiro explicou “que estas galas e outros eventos públicos abertos á cidadania, que mostran a danza e as artes do movemento en diferentes formas teñen un enorme interese cultural e educativo para a cidade, fomentando deste xeito a difusión do coñecemento das artes do movemento”. “Hai que ter presente e por en valor o feito de que en Lugo está o único Conservatorio Profesional de Danza da Galiza, polo que parece axeitado seguir apostando por darlle visibilidade a un centro e ensinanzas que axudan a conseguir habilidades e capacidades artísticas e a dar a coñecer diferentes vertentes desta arte” destacou a concelleira.
 
           
 
Fotos: Alfredo Bongianni
 
Os vindeiros 22 e 23 de marzo, ás 20,30h, terán lugar as mostras de repertorio de danza clásica e contemporánea no Auditorio Municipal Gustavo Freire, nas que participará o alumnado de terceiro a sexto de ámbalas dúas especialidades. 
 
As entradas son de balde e estarán dispoñibles a partir do 18 de marzo na páxina https://entradaslugo.es/
 
A mostra de repertorio de danza clásica será o 22 de marzo e nela se interpretarán fragmentos de ballets, como "Giselle", "Paquita" ou "Bayadere", entre outros. A mostra de contemporáneo celebrarase o 23 de marzo e no programa poderá verse o traballo de aula do alumnado, improvisacións e algunhas pezas de repertorio, como "appartement" ou "50 looks"
 

Publicada a información relativa ás Probas de acceso para o CDAN Lugo, curso 2022/23.

Toda a información relativa ás datas, matrícula, probas, etc. no apartado de Probas de Acceso do menú "O cento" (na marxe esquerda desta web).

Distribuir contido