Blogues

Hoxe ás 19.00 no Gustavo Freire, será a cita para unha nova edición do "Concurso Coreográfico" que unha vez máis organiza o CDAN.

O Alumnao do CDAN presentará, en grupo ou en individual, traballos coreográficos sobre Isadora Duncan artista homenaxeada este ano e principal protagonista nesta II Semana da Danza de Lugo.

Hoxe comeza a II Semana da Danza de Lugo coa actuación do Alumnado de Grao Elemental e Profesional no Centro Comercial As Termas.

O evento comezará ás 19.00 horas cunha actuación de Danza con Isadora Duncan como figura homenaxeada. A continuación poderemos ver a escenificación do conto “Isadora Duncan. A Bailarina do mar” polo grupo de teatro “Os Palimoquiños”.

O Venres 19 será o ensaio xeral da coreografía para Danza na Rúa. Actividade encadrada na Semana da Danza de Lugo. O ensaio terá lugar na Aula Polivalente do CDAN de 20 a 21 horas.

PROBAS DE ACCESO PARA O CURSO 2013/2014

1º GRAO ELEMENTAL

  • PRAZO DE INSCRICIÓN: DO 15 DE MAIO AO 6 DE XUÑO
  • CURSO DE INICIACIÓN: 11, 12 E 13 DE XUÑO

( EXCLUÍDOS OS ALUMNOS QUE XA CURSARON O PREPARATORIO)

  • DATAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS: 17 E 18 DE XUÑO

1º GRAO PROFESIONAL

  • PRAZO DE INSCRICIÓN: DO 15 DE MAIO AO 11 DE XUÑO
  • CURSO: PREPÁRATE PARA AS PROBAS : 11, 12, 13 E 14 DE XUÑO
  • DATAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS: 18 E 19 XUÑO

¡¡¡QUEDA PENDENTE A CONFIRMACIÓN DOS HORARIOS !!!

MATRÍCULA CURSO 2013/2014

O PRAZO : DENDE O 18 DE XUÑO AO 5 DE XULLO

A Semana da Danza de Lugo terá lugar do 24 ó 30 de abril e fará unha homenaxe a Isadora Duncan

Distribuir contido