Blogues

O noso alumno @aleexcasal  ven de obter o primeiro premio no Concurso Nacional de Danza na sua fase internacional en Bélxica, na categoria de solo. Participou coa escola  @estudiodedanzaallegro de Ferrol, cunha  coreografía da tamén exalumna do Cdan, Sabela Adalid. Ledicia por partida dobre

Parabéns Sabela e Alex! Que sigan os éxitos!

Ver: https://www.instagram.com/reel/CkMTauAp-oY/?utm_source=ig_web_button_share_sheet

Puede ser una imagen de 12 personas, personas de pie e interior"Universo Reich" é un proxecto pedagóxico colaborativo desenvolvido por alumnado de escenografía e deseño audiovidual, danza contemporánea e música da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e da Academia Internacional Cardinais 2022/2023 de Vertixe Sonora, respectivamente.
 
Tomando como punto de partida a lexendaria peza musical de Steve Reich Music for 18 Musicianse a través da metodoloxía Art Thinking,dito alumnado levará a cabo unha proposta artística propia coa coordinación do profesorado das tres institucións en diferentes sesións de traballo conxunto e individual.
 
A creación resultante será presentada en abril de 2023 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, frutificando desta forma unha experiencia artística sen precedentes no ámbito educatico galego.
 

Benvida ao curso 2022/23

Como directora do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo gustaríame darvos a benvida a toda a comunidade educativa do centro a este novo curso que se presenta cargado de novidades, no que participaremos en distintos proxectos e retomaremos moitas das actividades que non se puideron facer nos últimos tempos debido ás restricións sanitarias.

Inicio este camiño como directora do CDAN Lugo con ilusión e moitas ganas, acompañada por un equipo directivo, un claustro e un persoal non docente altamente comprometido co traballo. Xuntos trataremos de ofrecer os medios e establecer as estratexias para facilitar as aprendizaxes e sacar adiante a mellor formación para os futuros profesionais da danza; potenciando as súas habilidades técnicas e artísticas e contribuíndo ao seu desenvolvemento integral.

Iniciamos o curso co desexo de que veña cargado de moita danza, tanto dentro como fóra das aulas.
 
Cristina Lata Villoch
Directora CDAN Lugo

BENVIDA A TODOS OS BAILARÍNS E BAILARINAS
ATENCIÓN. IMPORTANTE. DATAS DE COMEZO DE CURSO 2022/2023
PRESENTACIÓNS DO CURSO ESCOLAR 2022/2023


May be an image of text that says 'AN N CONSERVATORIO PROFESIONAL DEDANZA LUGO PRESENTACIÓN CURSO 2022-23 Grao Elemental XOVES 8 DE SETEMBRO ÁS 18.00H AUDITORIO DO CMUS XOAN MONTES Tras a reunión conxunta, cada grupo acudirá coa súa titora ao Conservatorio de Danza ao encontro correspondente ao seu curso. 982809642/982284704 conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal'

TODOS OS CURSOS DE GRAO ELEMENTAL: 

XOVES 8 DE SETEMBRO DE 2022,

ÁS 18 HORAS NO AUDITORIO DO CMUS (Conservatorio Profesional de Música). 

May be an image of interior e text that says 'CONSERVATORIO PROFESIONAL DE DANZA LUGO PRESENTACIÓN CURSO 2022-23 Grao Profesional VENRES 9 DE SETEMBRO ÁS 18.00H AUDITORIO DO CMUS XOAN MONTES Tras a reunión conxunta, cada grupo acudirá coa súa titora ao Conservatorio de Danza ao encontro correspondente ao seu curso. 口 982809642/982284704 conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal'

TODOS OS CURSOS DE GRAO PROFESIONAL: 

VENRES 9 DE SETEMBRO DE 2022. 

ÁS 18 HORAS NO AUDITORIO DO CMUS (Conservatorio Profesional de Música). 

Tras a reunión conxunta, cada grupo acudirá coa súa titora ao Conservatorio de Danza ao encontro correspondente ao seu curso.

COMEZO DAS CLASES: LUNS 12 DE SETEMBRO DE 2022.

 Publícase a relación de alumnado por grupo para 1º de GE. Na listaxe aparece o número de DNI encriptado. No caso de menores que non dispoñen de DNI, figura o da nai.

Pódese SOLICITAR cambio de grupo até o día 2 de setembro (venres). Para o caso, deben enviar un e-mail expoñendo e motivando a petición.

 

GRUPO A

GRUPO B

**5788*** **3213***
**3350*** **3008***
**32292** **4897***
**31828** **3209***
**3233*** **3219***
**3169*** **3118***
**32291** **3232***
**3104*** **31821**
**4251*** **3258***
**3196*** **3190***
**3195*** **3092***
**0154*** **3192***
**3191***  
Distribuir contido