Blogues

 

 

1. SUITE BAYADÈRE

COREOGRAFÍA_ Adaptación do orixinal de Marius Petipa.

MÚSICA_ Minkus

Danse des foulards. _3ºGPA

Pas de quatre _5ºGPA

Reino das sombras_ 4º GPA

  

2. Prima

COREOGRAFÍA: extracto da coreograf​ía PRIMA de Valentino Zucchetti, adaptación ​coreográfic​a de Iris Abuin Rey

MÚSICA: “Violin Concerto No.3” Saint-Saëns

BAILA: 6ºGPA

 

3. Come

COREOGRAFÍA_ alumnado de 1ºgpb e Reyes G. Canda

MÚSICA_ Jain-Come

BAILA_ 1ºGPB

 

4. Matilda

COREOGRAFÍA: Cristina Lata

MÚSICA: Tim Minchin

VOCES: Elena Ballón Estar, Clara de la Calle Meilán, Celia Díaz Alvite e Claudia Pradana García

BAILA: 2º GPA

 

5. La Naïade et le pêcheur

COREOGRAFÍA_ Adaptación sobre a orixina de Jules Perrot. 

Música: Cesare Pugni

Baila: Alumnos varóns de 4ºGPA

 

6. Dunas

COREOGRAFÍA: Alumnado de 5º GPB ca supervisión de Silvia Victoria.Eijo

MÚSICA: “Revolt” Nathan Lanier

BAILA_ 5º GPB 

 

7. Fada de azucre do ballet Quebranoces

COREOGRAFÍA_ Bárbara Piñeiro

MÚSICA_ Tchaikovsky e Dug

BAILA_ 4º GPA

 

8. Una

COREOGRAFÍA_ Maruxa Salas para o obradoiro de creación coreográfica do CDAN

Música_John Axiom

Baila_ 6ºGPAB

 

9. Danza rusa do ballet Quebranoces

Adaptación coreográfica sobre a orixinal de Lev Ivanov

Música_ Tchaikovsky

Baila_ alumnos varóns de 4ºGPA 

 

10. La Raíz

COREOGRAFÍA_ Reyes G. Canda e alumnado de 2ºgpb

MÚSICA_ Valeria Castro “La Raíz”

BAILA_ 2ºGPB

 

11. Deixen de bombardear

COREOGRAFÍA_ Adaptación coreográfica da peza Matter of time I de Fiona Zinder. Profesoras: Carmen Candales e Ana B. Ferreiro

MÚSICA_ ORI – Black Book

BAILA_3ºGPB

 

12. Mindfields

COREOGRAFÍA_ Raquel González e Alba Felpete

Música: The prodigy

BAILA_4ºgpb

 

13. Cassandra

COREOGRAFÍA_Alba Felpete

MÚSICA_Fillas de Cassandra

BAILA_6ºgp (Obradoiro de danza galega)

 

Comprácenos darvos a benvida a este curso 2023/24, no que celebramos con orgullo o noso 20 aniversario.

Todo o equipo docente e non docente iniciamos con moito entusiasmo e ilusión esta nova andaina na que estamos comprometidos a acompañar ao alumnado no seu crecemento persoal, técnico e artístico, axudándoos na súa formación como futuros profesionais da danza.

Desde o CDAN Lugo agardamos que este curso veña cargado de novos proxectos e actividades.

Cristina Lata Villoch

Directora CDAN Lugo

 

Este Hoxe mércores 20 de setembro, contamos coa presenza de Allison Maykall Solís, artista costarricense que visita a nosa cidade no marco das residencias artísticas @atopemonosbailando.

"Dende dentro" é o obradoiro que Allyson impartirá ao noso alumnado de 5° e 6° de Grao Profesional, "onde o ritmo e a herdanza navegan entre o xogo e a improvisación.
Co ritmo de maneira lúdica, atopar formas inusuais e prácticas para movilizar o corpo, dende as posibilidades que ofrece a música.
Improvisación para a busca do herdado e o propio xunto a frases dinámicas que engloben o traballo inicial, cara a fisicalidade"
Moitas grazas @maykally_ e @atopemonosbailando por expandir a proposta ata o noso centro.

Iniciamos este novo curso cun obradoiro de acondicionamento físico da man de María Jesús Peces Barba, bailarina, fisioterapeuta e creadora do seu propio método (ADAPT METHOD) que emprega nas clases de acondicionamento físico para bailaríns. Un placer e un luxo contar con ela.
O obradoiro está dirixido ao alumnado de Grao profesional de ambas especialidades, e terá lugar os días 12, 13 e 14 de setembro na Aula Polivalente do CDAN no seguinte horario:
1º e 2º GPAB_ 16.30- 17.30
3º e 4º GPAB_ 18.00-19.00
5º e 6º GPAB_ 19.30- 20.30
Interesad@s apuntádevos na conserxería do centro .

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de danza clásica e danza contemporánea organizados pola ANPA do CDAN do 4 ao 7 de Setembro. Serán impartidos pola exalumna Clara del Valle e Armando Martén respectivamente.

Toda a información nos ficheiros adxuntos.

 

Distribuir contido