Blogues

O pasado venres 23 de febreiro e coincidíndo co Día de Rosalía 2024, realizamos esta gravación improvisada na aula de 2ºB de Grao Elemental.

Decidimos incluir no video os subtítulos coa letra orixinal do poema, para poñer en contexto temporal a obra rosaliana.

Letra: Rosalía de Castro. (Poema "Sin niño" do libro "Follas Novas"). Música: Emilio Mesías Farias. Cantan: Alumnado de 2ºB de GE. (Lucía Trigo Castedo, Valeria Pérez Vázquez, Vega Llenderrozos Rodríguez, Alejandra Valín Gude, Aroa Bermejo Rodríguez, Lena Gutierrez Ingerto, Isabella Kaori Tamashiro Herrera).

Gravación: Alba Felpete Facal (Coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CDAN Lugo).

 

    

 

 

Doris Humphrey foi unha bailarina, coreógrafa, directora e destacada figura da danza moderna americana. Creou a súa propia técnica traballando os conceptos de caída e recuperación. Xunto a Charles Weidman crearon a súa propia agrupación en Nova York coa que estrearon máis dunha ducia de montaxes, como Breath of fire e Race of life. José Limón foi bailarín solista na compañía, onde ademais realizou os seus primeiros traballos coreográficos. Xunto con Humphrey, fundou a Limon Dance Company, referente da vangarda da danza moderna desde os seus inicios. Limón consolidou o seu estilo persoal caracterizado pola reivindicación do xénero masculino na danza. Entre as súas pezas destacan The moor`s pavane ou The Unsung.

BASES DO CONCURSO COREOGRÁFICO

1. OBXECTO DO CONCURSO O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo retoma o Concurso Coreográfico, co fin de desenvolver a creatividade dancística e coreográfica do noso alumnado. Este ano, as figuras nomeadas serán Doris Humphrey e José Limón.

2. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN Martes 30 de abril no AUDITORIO GUSTAVO FREIRE DE LUGO. As horas de ensaio e actuación no auditorio comunicaranse unha vez remate o prazo de inscrición.

3. PARTICIPANTES Poderán participar todos os alumnos do Conservatorio dentro das seguintes categorías: I CATEGORÍA: 1º E 2º DE GRAO ELEMENTAL. O número de intérpretes participantes por peza será de oito como máximo e de tres como mínimo. II CATEGORÍA: 3º E 4º DE GRAO ELEMENTAL. O número de intérpretes participantes por peza será de oito como máximo e de tres como mínimo. III CATEGORÍA: GRAO PROFESIONAL. O número de intérpretes participantes por peza será de oito como máximo e de dous como mínimo. *Non se admitirán pezas cun só intérprete

4. INSCRICIÓN Prazo de inscrición e entrega de solicitudes e músicas ao mail do CDAN conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal ate o luns 15 de abril do 2024 inclusive. *Non se admitirá ningunha inscrición nin entrega de música fora de prazo. Para inscribirse cada grupo deberá entregar a solicitude adxunta cuberta, na que se inclúa: o nome do grupo, o título da proposta coreográfica, o curso e a categoría á que pertencen, os nomes dos intérpretes, a duración, a música en formato mp3, o argumento, e unha breve explicación do motivo polo que elixiron facer esa peza. Deberá estar todo redactado en GALEGO, incluído o título. *Non se admitirán fichas de coreografías que non teñan algunha vinculación coas figuras homenaxeadas.

5. COREOGRAFÍAS As coreografías presentadas non deberán exceder de 3 min. Os alumnos e alumnas inscritos deberán ensaiar fóra do horario das clases. Os ensaios poderán comezar a partir do luns 4 de marzo e o horario de aulas dispoñibles se pendurará no taboleiro da entrada ao longo da semana do 26 de febreiro. As alumnas poderán anotarse en conserxería para reservar as aulas a partir do luns 4 de marzo. As coreografías deberán ser creadas, preparadas e ensaiadas exclusivamente polos propios alumnos/as. Poderán ser eliminadas da convocatoria coreografías nas que no proceso de creación e ensaio inflúan terceiras persoas, profesores ou bailaríns profesionais. Non está permitido o emprego de purpurina, confeti ou elementos que non deixen en perfecto estado o espazo escénico para a actuación seguinte.

Os alumnos poderán solicitar vestiario ou atrezzo do centro especificándoo na ficha de inscrición. 7. XURADO O xurado estará formado por 5 persoas, sendo profesorado e pianistas do centro e un representante da ANPA. 8. PREMIOS Haberá dous premios por categoría: 1 Premio á mellor interpretación. 2 Premio á mellor coreografía. Premio á coreografía máis votada polo público asistente.

Distribuir contido