Grazas á programación expandida das residencias artísticas @atopemonosbailando, onte, os alumnos de 5° e 6° de ambas especialidades desfrutarán dun obradoiro de improvisación a cargo da artista residente Sofía Kafol.

O noso alumno @aleexcasal  ven de obter o primeiro premio no Concurso Nacional de Danza na sua fase internacional en Bélxica, na categoria de solo. Participou coa escola  @estudiodedanzaallegro de Ferrol, cunha  coreografía da tamén exalumna do Cdan, Sabela Adalid. Ledicia por partida dobre

Parabéns Sabela e Alex! Que sigan os éxitos!

Ver: https://www.instagram.com/reel/CkMTauAp-oY/?utm_source=ig_web_button_share_sheet

27/10/2022

Visita da nosa exalumna @clara_dvc que aproveitou as suas vacacións para tomar unha clase no cdan

Ledas de verte polas aulas Clara!

 

21/10/2022

Encántanos recibir visitas de exalumnos, sinal de que somos unha gran familia

@cande_dii está na cidade e veu polo cdan para seguir traballsndo no seu TFG e rematar os seus estudos superiores no @institutdelteatre .

Grazas Candela pola visita, sorte nos teus proxectos.

 

14/10/2022

A nosa exalumna @raquelmedina_ estivo hai uns dias de visita polo Cdan, recompilando información para o seu TFG. Compartiu cos nosos alumnos de 6°curso as suas inquedanzas e deulles sabios consellos! Moitas grazas Raquel! Moita sorte nos teus proxectos.

Puede ser una imagen de 12 personas, personas de pie e interior"Universo Reich" é un proxecto pedagóxico colaborativo desenvolvido por alumnado de escenografía e deseño audiovidual, danza contemporánea e música da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e da Academia Internacional Cardinais 2022/2023 de Vertixe Sonora, respectivamente.
 
Tomando como punto de partida a lexendaria peza musical de Steve Reich Music for 18 Musicianse a través da metodoloxía Art Thinking,dito alumnado levará a cabo unha proposta artística propia coa coordinación do profesorado das tres institucións en diferentes sesións de traballo conxunto e individual.
 
A creación resultante será presentada en abril de 2023 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, frutificando desta forma unha experiencia artística sen precedentes no ámbito educatico galego.
 

Benvida ao curso 2022/23

Como directora do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo gustaríame darvos a benvida a toda a comunidade educativa do centro a este novo curso que se presenta cargado de novidades, no que participaremos en distintos proxectos e retomaremos moitas das actividades que non se puideron facer nos últimos tempos debido ás restricións sanitarias.

Inicio este camiño como directora do CDAN Lugo con ilusión e moitas ganas, acompañada por un equipo directivo, un claustro e un persoal non docente altamente comprometido co traballo. Xuntos trataremos de ofrecer os medios e establecer as estratexias para facilitar as aprendizaxes e sacar adiante a mellor formación para os futuros profesionais da danza; potenciando as súas habilidades técnicas e artísticas e contribuíndo ao seu desenvolvemento integral.

Iniciamos o curso co desexo de que veña cargado de moita danza, tanto dentro como fóra das aulas.
 
Cristina Lata Villoch
Directora CDAN Lugo

Distribuir contido