Nas "Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia" e no seu pto.- 6. Currículo e programacións didácticas, explicita que:

6.1 Os  centros  e  o  profesorado  revisarán  os  currículos  e  as  programacións didácticas  para  centrar  as  actividades  lectivas  do  derradeiro  trimestre  nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían  desenvolver os alumnos  e  as  alumnas,  en  función  da  súa  etapa,  curso,  área  ou  materia, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas.

En cumplimento de dita instrución, o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo publica as Adapatacións das programacións das distintas materias e cursos.

Pode consultar dita documentación nos adxuntos desta mesma entrada.

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo atende á cidadanía por teléfono e correo electrónico de xeito ordinario.

Poderase solicitar atención presencial a través de cita previa escribindo ao correo electrónico conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.es ou chamando ao teléfono 982284704.

EN CASO DE ATENCIÓN PRESENCIAL IMPRESCINDIBLE GARDAR A DISTANCIA MÍNIMA DE SEGURIDADE DE -POLO MENOS- DOUS METROS, TANTO NOS ACCESOS COMO NOS ESPAZOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO.
 

Raquel González García
Directora CDAN Lugo
Lugo, 11 de maio de 2020

  • Aprázanse as probas específicas de acceso 2020 /2021, cuxa superación forma parte dos requisitos de acceso ás ensinanzas elementais e profesional de danza
  • As probas de acceso terán lugar no momento no que as circunstancias sanitarias o premitan

ABERTO PRIMEIRO PRAZO DE PRE-INSCRICIÓN ONLINE ÁS PROBAS DE ACCESO A PRIMEIRO CURSO DE GRAO PROFESIONAL E PRIMEIRO CURSO DE GRAO ELEMENTAL CURSO 2020 – 2021

 PRAZO

DENDE O 5 DE MAIO AO 5 DE XUÑO

VACANTES PREVISTAS

-34 vacantes para o primeiro curso de Grao Elemental.

-15 vacantes para o primeiro curso de grao profesional na especialidade de Danza Clásica.

-15 vacantes para o primeiro curso de grao profesional na especialidade de Danza Contemporánea.

 PROCEDEMENTO DE PRE-INSCRICIÓN

Para formalizar a pre inscrición débese enviar un correo electrónico co asunto “Pre-inscrición  Probas de Acceso 2020 2021”  á seguinte dirección e.mail : conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal

 No e.mail deben constar os seguintes datos:

 -Datos persoais do alumno: Nome, Apelidos, Data de nacemento.

 -Datos de contacto dos proxenitores: Nome, teléfono e correo electrónico.

 -Curso para o que solicita a pre-inscripción.

Posteriormente no momento da inscripción se solicitará entrega de DNI ou libro de familia foto tamaño carné. No caso de inscrición as probas de grao profesional se solicitará tamén o pago das taxas correspondentes (34 euros/17 euros familia numerosa/ exenta familia numerosa especial).

Información sobre o desenvolvemento das probas de acceso na web do Conservatorio:

https://www.edu.xunta.gal/centros/conservatoriodanzalugo/?q=node/257#attachments

Distribuir contido