blogue deadmin

INFORMACIÓN SOBRE A ACTIVIDADE LECTIVA/MEDIDAS DE PREVENCIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS

Á vista da comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no día de hoxe na TVG, está prevista a suspensión a actividade lectiva en tódolos centros de Galicia a partir do luns 16 de marzo. Así mesmo recoméndase limitar a asistencia a actividades como medida preventiva.

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo manterá informada á comunidade educativa das instrucións que recibamos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional coa máxima brevidade.

Hoxe xoves 12 de Marzo e mañá Venres 13, o alumnado do CDAN que non asista ao centro por prevención terá a falta xustificada e as faltas non terás ningunha consecuencia académica.

Un saúdo cordial,

Raquel González García

(Directora do CDAN Lugo)

 

PD.: Máis info relacionada na web da Consellería de Educación

http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus

A II Gala solidaria de danza, celebrarase o próximo día 8 de febreiro de 2020, ás 20:00 h. no Centro Ágora da Coruña. A finalidade do evento é recadar fondos para continuar o noso labor de cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria a persoas refuxiadas  a través dos nosos proxectos de Grecia e Sahara.

Para este evento contamos coa colaboración voluntaria e gratuíta de 5  centros de formación (Conservatorio Profesional de danza de Lugo, Artestudio Xestión Cultural, Conservatorio Profesional de danza da Deputación da Coruña, Mundo danza Jesús Quiroga e Escola Municipal de Danza de Oleiros ) e unha  bailarina independente Raquel Piñeiro.

Tanto as instalacións como o persoal técnico son cedidos gratuitamente polo Concello de ACoruña.

As entradas que teñen un prezo de 6 € e poranse á venda en Evenbritte  uns días antes do evento  e tamén  poderán adquirirse o mesmo día 8 desde unha hora antes nos despachos de billetes do propio recinto da Ágora.

O vindeiro luns ás 20.30 h. no Gustavo Freire, o Classical Ballet de Andrey Batalov de San Petersburgo, xunto co alumnado de grao elemental do CDAN Lugo, poñerán en escena "O Quebranoces".

Poden acceder á billeteira aquí.

Foto de Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.Mañá Xoves terá lugar un obradoiro con Janet Novás dentro da programación organizada pola Concellaría de Cultura do Concello de Lugo, "Lugo en Danza".

O venres a mesma Janet Novás poñerá en escena "Mercedes mais eu", ás 20.30 h. no Gustavo Freire, dentro da mesma programación.

Janet Novás y Mercedes Peon · Residències 2019 from granerbcn on Vimeo.

Distribuir contido