Skip to Content

Curso de Tuba e Bombardino impartido por Nicolás Portas

Curso de Tuba e Bombardino

O día 8 de Xullo, o tubista galego Nicolás Portas estará no centro impartindo un curso para todos aqueles que estén interesados, estando aberto este curso a alumnado externo ao centro.

O curso constará de dúas partes, unha primeira a realizar pola mañá que consistirá na impartición de técnica básica e avanzada específica da tuba e bombardino. A esta parte terán dereito de asistir e participar tocando tódolos alumnos, tanto activos como ouvintes.
A segunda parte, que xa será pola tarde, constará dun pequeno quencemento e logo de clases individuais para os alumnos activos, pero ditas clases poderán ser escoitadas tamén polos ouvintes, feito que tamén é de gran interese e no que se pode tamén aprender e quitarlle gran partido.

O custo de inscripción será de 25€ euros para Alumnado Activo, que terá dereito a total participación e a recibir unha clase individual pola tarde, e de 10€ para Alumnado Ouvinte, con dereito a asistencia todo o día, podendo tocar activamente na clase da xornada de mañá sobre técnica e pola tarde escoitar tódalas clases individuais.

As prazas de alumnado activo serán limitadas e obteranse por orde de inscrición. Para iso, será necesario:

  1. confirmar a dispoñibilidade de praza como activo contactando co organizador no teléfono 635390440 (tamén whatsapp); donde lle serán facilitados os datos da conta de ingreso da cota de inscrición. 
  2. Facer o ingreso na conta facilitada no número antes mencionado, de 25€ para Activos ou 10€ para Oíntes.
  3. Logo deste ingreso encherase o seguinte formulario ao que se debe adxuntar o xustificante de ingreso/transferencia. (Link do formulario abaixo)

FORMULARIO

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdJEN8ZrNLG9Nu2a2fFrld3RrGGLZdJH06YKLwTAT4w1fQ9Pg/viewform?usp=sf_link

 



blog | by Dr. Radut