GRAN CONCERTO DE NADAL 2018
DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE TUI
Con motivo das festas de nadal, e do especial desta época familiar, de ilusión e maxia, O Concello de Tui xunto có Conservatorio Profesional de Música de Tui ofrecen este magnífico concerto de nadal da Orquestra Sinfónica de Tui. Esta agrupación, dirixida por Luis Caballero Varona, ten a súa base nos alumnos, exalumnos e profesores do centro.
Nesta ocasión contamos coa colaboración do coro "Mistura Vocal" de Ponteareas. Un coro dirixido por Aloia Martínez que gañou varios premios nacionais.
O programa a interpretar estará formado por temas de bandas sonoras tan coñecidas como "Xogo de tronos", " A misión", "Forest Gump", entre outros... e algunhas sorpresas máis!!
Podéis comprar as vosas entradas facendo clik AQUÍ
Anexo | Tamaño |
---|---|
cartel A3.jpg | 10.21 MB |