As datas de matriculación serán competencia do Equipo Directivo da Escola, pero estableceranse no mes de xullo para os alumnos de novo ingreso, agás Mantemento.
Os alumnos de Mantemento realizarán a matrícula no mes de Setembro.
Os alumnos de novo ingreso que non tivesen praza en xullo poderán ser chamados a matricularse nos meses de setembro/outubro.
Para isto estableceranse os prazos oportunos anunciados coa suficiente antelación.
Para o curso 2018/2019, o prazo de matriculación pódese consultar facendo clik AQUÍ