Skip to Content

ANPA

SON O QUE SINTEN- CON ROBERTO AGUADO (FORMACIÓN FAMILIAS)

24/11/2019 17:17
Europe/Madrid

Na tarde do 21 de Novembro de 2019, ás 19:00 daba comezo a charla de Roberto Aguado Romo, titulada “SON O QUE SINTEN”.

Comezamos a presentación do acto co traballo do alumnado do centro. O cine estaba preparado para o evento cun cartaz de benvida que recollía a conmemoración da CONVENCIÓN DOS DEREITOS DO NENO, ilustrado cun debuxo de ÁLVARO PAZ GIL que pretende reflectir o seu talento artístico, neste caso.

 

No interior, no esceario atopabánse os debixos sobre os dereitos das nenas e dos nenos, que o noso alumnado realizou na aula de forma cooperativa, entre todas e todos coa inestimable colaboración dos seus titores e mestr@s.

 

A presentación do acto , foi a cargo do Consello do Alumnado, unha presentación excecpional e con un gran sentido da responsabilidade, tenacidade e ilusión que demostraron enriba do esceario.(se queres ver o resumo pincha na imaxe)

Empezamos cunha presentación e canción titulada: Ninguén coma vós, coa canción Nadie como tú de "La oreja de Van Gogh"( se queres velo pincha na imaxe)

 

Momento especial foi cando Roberto os saudou un por un e intercambiou algunas palabras con eles. 

 

A presidenta da ANPA, Noemí Gil, pola súa banda fixo unha presentación ben interesante, con preguntas que tiñan bastante que ver coa entrevista que publicou a Voz de Galicia a Roberto :

 (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2019/11/15/profesor-sabe-donde-colocarse-puede-salvar-vida-alumno-proxima-charla/0003_201911B15C12993.htm)

 

A partir de aquí comenzou a súa charla brillante como sempre, chea de reflexións e cuestións sobre as que pensar  e repensar!!!

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA CADRECHE CURSO 2017 - 2018

22/10/2017 17:05
Europe/Madrid

ENQUISA ANPA CADRECHE CURSO 2016/2017

11/06/2017 16:00
Europe/Madrid

 

 

Estimadas familias:
A directiva da ANPA, co obxectivo de mellorar a atención aos nosos nenos e nenas, solicita a participación de nais e pais na avaliación do grao de satisfacción co noso traballo este curso. As vosas suxestións serán tidas en conta na planificación das actividades para o próximo curso.

Moitas grazas pola vosa colaboración

 

Facer  doble click de seguinte enlace para poder cubrir a enquisa.

https://goo.gl/forms/ZrSCTcEAyrIs7ZE73

 

Enlace para cubrir el cuestionario Plan de Convivencia 2017

27/05/2017 17:17
Europe/Madrid

Hola, como alguno de nosotros tuvimos problemas para cubrir el cuestionario de Plan de Conviviencia, os lo dejamos aqui, para que podais acceder de forma mas sencilla.

Simplemente hacer click encima del siguiente enlace.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe9cjlgV3JbQY0xQf0bxdUCuTbkE2cotVsWt9bo_2uFPhBsgg/viewform?usp=sf_link

 

Un saludo, la directiva Anpa Cadreche.

ASAMBLEA XUÑO

13/06/2016 21:39
Europe/Madrid

CONVOCATORIA ASAMBLEA

Pola presente convócase Asamblea Xeral que terá lugar o vindeiro  mércores día 15 de Xuño de 2016 na sala multiusos (último andar) do CEP Pilar Maestu Sierra de A Pobra do Caramiñal ás 19 horas en primeira convocatoria, 19:30 horas en segunda convocatoria.

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asamblea anterior.
  2. Resumo das actividades levadas a cabo durante o curso.
  3. Estado de contas.
  4. Enquisa de satisfacción. Para poder enviarla necesitamos a  vosa dirección de correo electrónico, facerla chegar ao correo da anpa  anpacadreche@gmail.com
  5. Rogos e preguntas.

REVISTA CADRECHE ABRIL 2016

17/05/2016
Europe/Madrid

REVISTA ESCOLAR CADRECHE

29/03/2016 23:26
Europe/Madrid

 REVISTA ESCOLAR CADRECHE

 

Queremos poñer en marcha unha revista escolar na que participen todos os membros da comunidade educativa, sendo os protagonistas principais os nosos fillos/alumnos, dándolles un medio que lles permita expresar as súas inquietudes dunha maneira natural e libre.

 

 OS NOSOS OBXECTIVOS PRINCIPAIS:

  • Potenciar nos nenos o gusto pola escritura, a creatividade, a capacidades de expresión, a iniciativa e a autonomía.
  • Fomentar o traballo en equipo, cooperativo e colaborativo.
  • Divulgar a labor da comunidade educativa, informando e dando a coñecer  as distintas actividades, plans e proxectos educativos nos que se participa.
  • Ampliar as canles de comunicación entre todos os sectores que compoñen a comunidade educativa: familia, alumnado e profesores.
  • Desfacer os muros da escola xa que a aprendizaxe continúa fora da aula de clase.

 

PROPOSTA:

  •  Estrutura: 
    1. Portada
    2. Sumario
    3. Sección actualidade
    4. Sección entrevista
    5. Sección reportaxes
    6. Sección colaboracións
    7. Sección cultural
    8. Sección científica
    9. Sección literaria
    10. Sección artística
    11. Sección opinión
    12. Sección pasatempos e humor
  •  Periodicidade: Trimestral
  • O tamaño da publicación dependerá da cantidade de voluntarios que se animen a participar.

  • Empezaremos cunha revista online, utilizaremos como ferramenta joomag (realizaremos xornadas de formación para os voluntarios que queran participar).
  • Necesitamos a participación activa no deseño, elaboración, difusión e avaliación da revista de TODOS os que formamos a comunidade educativa: alumnos, profesores e familias.
  • Roles:
    • Xornalistas que investiguen, entrevisten, redacten, tomen fotografías e proporcionen artigos para o contido da revista.
    • Editores que se encarguen do deseño gráfico da revista, a organización, en función do espazo ,do material proporcionado polos xornalistas.
    • Xefe de redacción que se encargará de corrixir ortografía e gramática.
    • Xefe de proxecto que coordina o traballo de todo o equipo. Ocúpase de que se respecten os tempos pautados. Centraliza e xestiona necesidades e demandas.

ANIMARVOS A PARTICIPAR. Envíanos un correo electrónico a revistacadreche@gmail.com indicándonos como vos gustaría participar.

Distribuir contido


by Dr. Radut