Skip to Content

Outras actividades

VIII CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

17/03/2019 22:39
Europe/Madrid

 SE PINCHAS NA IMAXE PODES ACCEDER ÁS BASES DO VIII CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

ENTROIDO 2019

05/03/2019 16:46
Europe/Madrid

SE PINCHAS NA IMAXE TES ENLACE A ALGUNHA FOTO MÁIS

MAGOSTO 2017-2018

24/07/2018 09:17
Europe/Madrid

Outro ano máis celebramos o magosto con diferentes xogos e máis o tradicional concurso de peóns.

V CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

26/02/2016 23:44
Europe/Madrid

     Un ano máis. e xa van cinco, convocamos o Certame Literario "Esther Dourado". Vai destinado a alumnado de Infantil e Primaria do concello de A Pobra, así como ao ex-alumnado do noso centro que curse ESO.

     Consulta as bases do concurso pulsando aquí

VI CERTAME LITERARIO "ESTHER DOURADO"

11/03/2017 23:47
Europe/Madrid

     Un ano máis, e xa van seis, convocamos este certame literario, tan querido por nós. Desde aquí queremos animar ao alumnado de infantil e primaria do concello a participar, así como ao noso exalumnado que na actualidade curse ESO. Consulta as BASES. 

ENTROIDO 2017

26/02/2017 13:24
Europe/Madrid

   O alumnado do centro disfrazouse este curso de personaxes de cómics, seguindo o Proxecto da Biblioteca. O centro encheuse de superheroes, Sacarinos, Picapedras...


RECORDANDO A ROSALÍA DE CASTRO

26/02/2017 13:19
Europe/Madrid

   Desde o centro sumámonos á celebración do Día de Rosalía pensada polo CEP Salustiano Rey Eiras. Consistía a mesma nunha ofrenda floral na Praza de Rosalía (A Pobra do Caramiñal), recitado de poemas e cancións con letra de Rosalía.

   O acto tivo lugar o día 23 de febreiro (por coincidir o 24 co entroido). O alumnado de 5º e 6º recitou dous poemas e cantou Negra sombra na versión de Amancio Prada e a segunda parte a xeito de rap. Rosalía adáptase a todo tipo de múscia.

ENTREGA PREMIOS CERTAME LITERARIO

25/05/2016 19:44
Europe/Madrid

     O mércores 25 de maio fixemos entrega dos premios aos gañadores/as do V Certame Literario "Esther Dourado". Dicir que tivemos moita participación e dar as grazas ás mestras e mestres dos distintos centros de infantil e primaria do concello pola estimulación do alumnado na participación. Aquí podemos ver á gañadora na categoría D (5º e 6º de primaria).

ENTERRO DO FELIPIÑO, 2016

26/02/2016 17:02
Europe/Madrid

     Un ano máis celebramos no centro o enterro do Felipiño. A comitiva fúnebre partiu da entrada do centro, percorrendo parte do patio. Despois de proceder á lectura do seu testamento, escrito polo mestre Carlos Mosteiro, por parte de dous alumnos de 6º, tivo lugar a incineración do finadoPULSA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS.

TEATRO TROMPICALLO

18/12/2015 17:17
Europe/Madrid

     Grazas á colaboración do Concello de A Pobra, o alumnado do centro puido gozar cunha divertida obra de teatro a cargo do grupo Trompicallo. Nin que dicir ten que o pasaron en grande.

TEATRO TROMPICALLO

Distribuir contido


by Dr. Radut