Iniciar sesión: Acceso

Nadal

ASI FOI O NADAL EN CADRECHE 2022!!!

O Nadal en Cadreche foi moi especial, pasámolo moi moi ben e desfrutamos abondo. 

Deixámosvos por aquí para que poidades ver un resumo do que foi o noso día:

SUBÍMONOS AO TRINEO QUE TEMOS NA ESCOLA GRAZAS A COLABORACIÓN DE MARCOS , O NOSO CONSERXE QUE TRABALLOU ARREO PARA QUE O POIDESEMOS DESFRUTAR, E POR ISO QUIXEMOS FACERNOS UNHA BONITA FOTO. Mira a ver se te atopas:

PAPÁ NOEL VISITOUNOS GRAZAS A ANPA CADRECHE , E COMO NON DESTA VEZ , TOCABA QUE FORA UN PAPÁ NOEL MOI ESPECIAL PARA CADRECHIÑAS E CADRECHIÑOS. AQUÍ QUEDA UN FERMOSO RECORDO.

PERO..... O FESTIVAL ESTIVO ESPECTACULAR, GRAZAS A NOSA PROFE DE MÚSICA "ELSA" QUE PUXO TODO O SEU EMPEÑO NA ORGANIZACIÓN, COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, PARTICIPAMOS TODAS E TODOS....... 

Este vídeo ten un valor especial porque está grabado por nenas de sexto grazas aos materiais que adquirimos en POLOS CREATIVOS!!

ASÍ DESPEDIMOS O 2021 E RECIBIMOS O 2022!!!

Así despedimos o 2021 na escola, con algunhas ausencias por diferentes motivos, pero realizando actividades dentro do que a situación permitiu. 

Uns obradoiros: elaboración dun adorno para a árbore de nadal, bailamos e tamén un xogo de retos.

Despois ás doce saímos ao patio e comemos as uvas coas correspondentes campanadas e disfrutamos do baile dos de 1º curso. Tocaba xa comer o chocolate con churros para seguir disfrutando da festa. Faltaba o mellor, Papá Noel grazas a sempre excepcipnal colaboración da ANPA agasallou a cada nen@ cunha bolsa chea de cousas entre elas un libro.

Pasámolo moi ben e despedimos o 2021 co desexo de que o 2022 sexa un ano cheo de ILUSIÓN , ESFORZO, SOLIDARIEDADE E TRABALLO CONXUNTO!!!

Se pinchades na imaxe podedes ver un resumo da festa d@s CADRECHIÑ@S!!!

ASI DESPEDIMOS O 2020 EN CADRECHE!!!!

02/02/2021 10:35
Europe/Madrid

Para despedir o ano 2020, neste momento tan diferentes fixémolo a través de panxoliñas que anteriormente interpretaron as nenas e nenos da escola , así como un pasapalabra  (actividades que compartimos cos maiores da Residencia da Pobra). Deixamosvos aquí os excelentes traballos realizados:

 

 

E como non podía ser doutro xeito ao son dunhas badaladas moi especiais, celebramos o noso particular FIN DE ANO!!!

NADAL 2016

20/01/2017 16:57
Europe/Madrid

O lumnado de 5º curso, acompañado por algunhas rapazas de 6º, interpretaron distintas panxoliñas ao resto do alumnado do cole. Ensaiados pola mestra de música, a profe Mari, alegráronnos o final da xornada.

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031