Iniciar sesión: Acceso

Formación

PODCAST- WALLY POLO MUNDO 6º

COMEZAMOS O CURSO 20-21

Este curso que comezamos non é un curso habitual, e por iso quixemos comezalo tamén dun xeito pouco habitual, por iso NAO fixo a presentación a tod@s @s nen@s da escola.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2020/09/19/nuevo-profesor-robot/0003_202009B19C2994.htm

Deixamos unha mostra do recollido na noticia no  seguinte video :

2º PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS - XUNTA DE GALICIA

02/03/2020 13:51
Europe/Madrid

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de resolver a primeira edición dos Premios ás Boas Prácticas de Educación Inclusiva, no que obtivemos o 2º PREMIO.

"A Consellería de Educación instaurou este Premio como unha das medidas para impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes, e recoñecer o labor, esforzo e compromiso persoal e profesional que, neste sentido, están a realizar os equipos docentes", tal e como se recolle na páxina www.edu.xunta.gal.

A nosa memoria recollía 11 accións que se levaron a cabo no curso 18-19, grazas a un EQUIPO DOCENTE EXCEPCIONAL (aínda sendo certo que algunhas delas teñen unha traxectoria importante), onde a colaboración foi o eixo que sostivo este proxecto.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/a-pobra-do-caraminal/2020/02/28/xunta-premia-colegio-pobrense-pilar-maestu-proyecto-sobre-educacion-inclusiva/00031582899320641742305.htm?fbclid=IwAR3_mU-tfLC_UzCkisykXmEaD_3CTdJQEhW_QlKHTgu7NwqhO5Kets8JnZk#

 

 

 

CURSO V.E.C. - NIVEL 1 -LIDERADO INTRAPERSOAL

28/01/2020 13:32
Europe/Madrid

Hoxe día 28-01-2020 comeza o prazo para inscribirse no curso V.EC - de Intelixencia emocional para profesorado e familias que ten como finalidade e a formación no nivel 1 acadando o certificado oficial de VEC.

Este curso está organizado por CEP Pilar Maestú Sierra, ANPA Cadreche e Emotional Network (Roberto Aguado Romo), e subvencionado parte do seu costo pola Deputación da Coruña.

Se pinchas na imaxe podes atopar toda a información que precisas para inscribirte:

 

Se pinchas no seguinte enlace  poderás acceder ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN:

 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSceZKGQhwZANuDNgBLPXFgan5L-Ll2DVVNiM312UAbbgPONXA/viewform?usp=sf_link

 

PRAZAS LIMITADAS!!!!!

 

 

 

 

ROBERTO AGUADO UNHA VEZ MÁIS!!

10/01/2020 13:56
Europe/Madrid

De novo o vindeiro luns día 13 de XANEIRO DE 2020 teremos na nosa escola durante todo o día a Roberto Aguado Romo , para desenvolver coa comunidade educativa do CEP PILAR MAESTÚ un traballo conxunto de cara á atopar as ferramentas axeitadas a diferentes situacións particulares que inflúen directamente na aprendizaxe de nenas e nenos. En palabras de Roberto Aguado, ferramentas que permitan que unha nena ou un neno pase do "sufrimento" á satisfacción, porque en realidade "somos o que sentimos".

Pola mañá traballaremos con nenas e nenos do centro, coa finalidade de poderlles axudar de forma individual e posteriormente poder xeralizar estas aprendizaxes para axudar a outros nenos e nenas.

Pola tarde o profesorado da escola (de 17:00 a 19:30) teremos unha formación relacionada co anterior coa finalidade de adquirir estas estratexias.

E para rematar unha sesión con familias, que comezará ás 19:30, e será na BIblioteca do centro. Unha charla para familias de Cadreche e para aquelas que forman parte de Escola de Familia no presente curso académico.

ERES O QUE SINTES- ROBERTO AGUADO (FORMACIÓN PROFESORADO)

24/11/2019 16:44
Europe/Madrid

O xoves día 21 de Novembro, tivemos a grande sorte de ter na escola a Roberto Aguado Romo, (http://robertoaguado.com) que ven de publicar o seu último libro "ERES LO QUE SIENTES". Pola mañá estivemos traballando con nenos e nenas da escola coa finalidade de poder axudarlles. Destas sesións de intervención, saimos profesorado e alumnado con "trucos" e estratexias para a mellora de nenas e nenos. 

Pola tarde asistimos a unha sesión de formación de dúas horas e media de duración onde traballamos sobre o perfil do docente do Século XXI, baseado no traballo das emocións, aprendendo a recoñecer estas e buscando as alternativas para poder chegar a unha resposta ao alumnado que lle permita desenvolverse de forma eficaz.

Todo isto so foi posible grazas á colaboración de ANPA CADRECHE, a través dunha subvención coa Deputación de Coruña.

 

ROBERTO AGUADO CON NÓS DE NOVO!!!

08/11/2019 11:03
Europe/Madrid

O día 21 de Novembro de 2019, estará de novo con nós ROBERTO AGUADO. Pola mañá traballará na escola con nós e pola tarde teremos dúas sesións que non dubidamos que serán ben proveitosas. Unha sesión con profesorado, aberta a mestras e mestres que queiran asistir, e outra sesión para familias aberta tamén a todas aquelas que desexen participar.

Dita actividade so é posible grazas a colaboración total de ANPA CADRECHE, financiada pola Deputación da Coruña.

NON VOLO PERDADES!!!!

INNOVANDO PARA INCLUÍR 18-19

03/03/2019 23:56
Europe/Madrid

Neste curso no centro estamos a desenvolver formación relacionada con AUTISMO (TEA) E METODOLOXÍAS ACTIVAS DE APRENDIZAXE.

Nomeadamente realizamos formación con GEY LAGAR, de patios e parques dinámicos. https://patiosyparquesdinamicos.com/patios-dinamicos/index

Podedes ver algunha formación deste no seguinte enlace: 2033991643374896

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930