"UNOENTRECIENMIL- LA VUELTA AL COLE"- ACTIVIDADE SOLIDARIA
Enviado por admin o Dom, 05/03/2023 - 16:20O venres 03 de Marzo participamos na actividade "La vuelta al cole, unoentrecienmil", cunha andaina solidaria na que participamos toda a comiunidade educativa, onde grazas ao esforzo compartido, onde todas e todos puxemos da nosa parte para poder chegar xunt@s, porque "TOD@S XUNT@S SOMOS MÁIS FORTES".
Faremos unha aportación económica xeral, do que recaudamos a FUNDACIÓN UNOENTRECIENMIL, no que participou cada nen@, o centro en xeral e as familias e profesorado en general.
ADMISIÓN 23-24- ESPERÁMOSVOS!!
Enviado por admin o Mar, 28/02/2023 - 11:54
PRAZO |
DO 01 AO 20 DE MARZO DE 2023 |
FORMAS DE PRESENTAR A SOLICITUDE |
Presentación electrónica de solicitudes (ED550A e ED550B):
1º. A persoa solicitante ten que acceder á aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumando ) e cubrir o modelo ED550B – anexo II, para o que necesariamente ten que dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365. 2º. Ademais, terán que cubrir o modelo anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento), segundo corresponda, imprimilo, e unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo. 3º. A seguir, a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude utilizando calquera dos medios de identidade e sinatura do punto 1º. Xunto coa solicitude deberá achegar o anexo II-bis e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas...). 2 CVE: UHwYRdVftDA9 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve 4º. O xustificante da presentación electrónica da solicitude (ED550A ou ED550B) só se xera cando a persoa a asine e a presente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e indica a data de presentación. 5º No caso de solicitudes de admisión (ED550B), o número que aleatoriamente lle asignou aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación (que se terá en conta, de ser o caso, para desempatar) poderá consultarse, xunto co estado de tramitación da solicitude, na devandita aplicación |
b) Presentación presencial de solicitudes (ED550B) 1º- A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, no centro docente indicado en primeiro lugar. 2º.- deberá ir acompañada de: - libro de familia - sentenza de separación- se fose preciso - documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas – se fose preciso Podes descargar aquí o modelo de solicitude ou recollelo no centro educativo que cho facilitarán
|
|
OUTROS DATOS DE INTERESE |
1.- Sinatura e consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras: Establécese que en todos os casos de solicitude de alumnado menor de idade non emancipado é necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero. 2.- Son membros computables da unidade familiar: a) As persoas proxenitoras non separadas legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, as titoras ou acolledoras do alumnado. b)Os/as fillos/as menores de idade. c) Os/as fillos/as maiores de idade con discapacidade que estean incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos se convivan no domicilio familiar. e) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou análoga relación de afectividade ás anteriores con convivencia no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado, agás nos casos de custodia compartida. Polo tanto, nos casos de separación ou divorcio: - Con custodia compartida: a unidade familiar está composta polas persoas proxenitoras e os seus descendente común - Con custodia exclusiva: a unidade familiar está composta pola persoa proxenitora que teña a custodia exclusiva e os fillos suxeitos a esta custodia e, de ser o caso, polo novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora. Non se inclúe á outra persoa proxenitora do alumnado
|
WALLY VIAXA POLA POBRA E OUTROS PAISES- ENTROIDO 2023!!!
Enviado por admin o Lun, 20/02/2023 - 11:33DÍA DA PAZ 2023
Enviado por admin o Xov, 02/02/2023 - 22:04Para conmemorar o día da PAZ ,escribimos os nosos compromisos de PAZ:
EN 1º comprometémonos a tratar as persoas con cariño
EN 2º A estar en calma para solucionar problemas sen dicir ou facer cousas que molesten e lastimen aos demais. Isto nos axudará a convivir mellor.
En 3º a promover o bo trato e a igualdade.
EN 4º a xogar con tod@s sen excluír pola apariencia física ou a forma de ser.
En 5º a ser optimistas. Non falar mal dos compañeir@s. Controlar os nsoos enfados. Non discriminar nin excluir a ninguén.
En 6º a respectar as decisións dos demais.
E como NINGUÉN É MAIS FORTE QUE TODOS XUNT@S, por iso rematamos cunha foto todos xuntos cantando APERTAS QUE VOAN!!
ALUMNADO 6º ED. PRIMARIA: RESERVA DE PRAZA/ SOLICITUDE ADMISIÓN 23-24
Enviado por admin o Mér, 18/01/2023 - 23:01
Tal e como sinala a Orde do 21 de Outubro de 2022, pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, publicada pola Consellería de Cultura, Educación , Formación Profesional e Universidades, tedes varias OPCIÓNS para a escolarización d@s vos@s fill@s na ESO.
OPCIÓN 1: SE AS FAMILIAS DECIDIDES QUE @S VOS@S FILL@S ESTUDEN NO IES DA POBRA DO CARAMIÑAL
PRAZO |
Ata o 06 de FEBREIRO |
PROCEDEMENTO |
OP.1.- En formato papel en Cadreche, o modelo que se adxunta a esta comunicación. (MOD. ED550A) |
OP.2.-VÍa electrónica mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia , https://sede.edu.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes precísense medios adecuados de identificación e sinatura electrónicos.
|
|
CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES |
Esta solicitude ten prioridade sobre calquera solicitude de admisión para o centro de adscrición. De non participar nesta reserva perderán toda prioridade para ese centro. |
A maiores trátase dun procedemento vinculante. No caso de querer posteriormente renunciar á reserva e participar no procedemento ordinario de admisión,deberase renunciar a esta reserva ata o 28 de Febreiro (inclusive) |
OPCIÓN 2: SE AS FAMILIAS DECIDIDES QUE @S VOS@S FILL@S ESTUDEN EN CALQUERA OUTRO IES DIFERENTE AO DE ADSCRICIÓN
PRAZO |
Do 01 ao 20 de MARZO |
PROCEDEMENTO |
OP.1.- En formato papel no IES para o que se solicita praza, (MOD. ED550B) |
OP.2.-VÍa electrónica mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia , https://sede.edu.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes precísense medios adecuados de identificación e sinatura electrónicos.
|
ASI FOI O NADAL EN CADRECHE 2022!!!
Enviado por admin o Mar, 10/01/2023 - 22:32O Nadal en Cadreche foi moi especial, pasámolo moi moi ben e desfrutamos abondo.
Deixámosvos por aquí para que poidades ver un resumo do que foi o noso día:
SUBÍMONOS AO TRINEO QUE TEMOS NA ESCOLA GRAZAS A COLABORACIÓN DE MARCOS , O NOSO CONSERXE QUE TRABALLOU ARREO PARA QUE O POIDESEMOS DESFRUTAR, E POR ISO QUIXEMOS FACERNOS UNHA BONITA FOTO. Mira a ver se te atopas:
PAPÁ NOEL VISITOUNOS GRAZAS A ANPA CADRECHE , E COMO NON DESTA VEZ , TOCABA QUE FORA UN PAPÁ NOEL MOI ESPECIAL PARA CADRECHIÑAS E CADRECHIÑOS. AQUÍ QUEDA UN FERMOSO RECORDO.
PERO..... O FESTIVAL ESTIVO ESPECTACULAR, GRAZAS A NOSA PROFE DE MÚSICA "ELSA" QUE PUXO TODO O SEU EMPEÑO NA ORGANIZACIÓN, COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, PARTICIPAMOS TODAS E TODOS.......
Este vídeo ten un valor especial porque está grabado por nenas de sexto grazas aos materiais que adquirimos en POLOS CREATIVOS!!
DÍA DA DIVERSIDADE- FESTIRITITITI EN BOIRO CON AMICOS!!!
Enviado por admin o Xov, 08/12/2022 - 22:12Este ano celebramos o DÍA DA DIVERSIDADE, en colaboración con AMICOS participando nunha xornada moi especial na que a través de diferentes xogos e musica , desfeutamos dunha xornada de convivencia moi especial con outros centros e con PERSOAS E USUARIOS DE AMICOS!!! UN VERDADEIRO PLACER!!!!
MAGOSTO 2022
Enviado por admin o Xov, 08/12/2022 - 22:09