Plan Mellora
CP INNOVA E CP INCLÚE
Enviado por admin o Mér, 13/10/2021 - 22:13O centro participará no presente curso académico nos CONTRATOS-PROGRAMA da Consellería de ELÉducación.
Nomeadamente participamos na modalidade CP INNOVA, na liña de EDUEXCELENCIA, e por outra banda na modalidade de CP Inclúe, nas liñas: INCLÚE-T, EMOCIÓNA-T, CONVIVE E IGUALA-T.
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_...
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/listaxe_provisional_de_...
SEGUNDO ACERCAMENTO Á APRENDIZAXE CON NAO
Enviado por admin o Xov, 06/02/2020 - 21:23Hoxe tivemos na escola o segundo acercamento á aprendizaxe con NAO. Sen dúbida, a motivación aumenta cando traballamos con recursos como estes. De momento so foi como un xogo, un acercamento paulatino, xa que @s mestr@s aínda temos moito que aprender.
NAO pode ofrecernos xogos de mímica, xogos para practicar o inglés por exemplo, ou tamén podemos ir aprendendo a nomear emocións...., pero o que máis chamou a atención ás nenas e nenos foi que XA APRENDEU A FALAR GALEGO!!!!
SEGUIREMOS APRENDENDO.... GRAZAS NOE, GRAZAS ANPA POR ESTA OPORTUNIDADE!!!
.
CURSO V.E.C. - NIVEL 1 -LIDERADO INTRAPERSOAL
Enviado por admin o Mar, 28/01/2020 - 14:51Hoxe día 28-01-2020 comeza o prazo para inscribirse no curso V.EC - de Intelixencia emocional para profesorado e familias que ten como finalidade e a formación no nivel 1 acadando o certificado oficial de VEC.
Este curso está organizado por CEP Pilar Maestú Sierra, ANPA Cadreche e Emotional Network (Roberto Aguado Romo), e subvencionado parte do seu costo pola Deputación da Coruña.
Se pinchas na imaxe podes atopar toda a información que precisas para inscribirte:
Se pinchas no seguinte enlace poderás acceder ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN:
PRAZAS LIMITADAS!!!!!
COÑÉCEMOS A NAO
Enviado por admin o Mar, 28/01/2020 - 12:59O día 22 de Xaneiro na escola foi un día ben especial. Coñecemos por fin a NAO, un robot que nos fará aprender dunha forma máis agradable pero tamén pdoeremos aprender a programar un robot.... Queda moito por aprender!!!
A Voz de Galicia fixo unha reportaxe no noso cole ese día. Aquí queda o enlace á mesma:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2020/01/24/nuevo-alumno-c...
Tamén a COPE se fai eco da noticia:
https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/santiago/noticia...
UN PROXECTO DE CENTRO!!!!
Enviado por admin o Xov, 02/12/2010 - 12:00Por segundo ano consecutivo concedeusenos un Plan de Autoavaliación e Mellora da Calidade Educativa. No curso 2009-2010 titulabase "Educación emocional e Atención á diversidade como estratexias de calidade".
No presente curso 2010-2011, o noso proxecto titulase:
"CAMIÑANDO CARA AS COMPETENCIAS DENDE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE"
Con este proxecto pretendemos traballar na nosa escola os seguintes aspectos de cara á mellora da calidade educativa e que se desenvolven no mesmo:
-
Os procesos cognitivos básicos dende a teoría PASS e a Teoría dos comportamentos enmascaradores
-
O traballo cooperativo como estratexia metodolóxica favorecedora da inclusión educativa
-
Desenvolvemento de programas específicos que contribúan a mellora de aspectos que dificultan o proceso de aprendizaxe do noso alumnado como:
-PROGRAMA DE COMPRENSIÓN LECTORA
-PROGRAMA DE TÉCNICAS PARA APRENDER A ESTUDAR BEN
-PROGRAMA DE RAZOAMENTO LÓXICO-MATEMÁTICO
-PROGRAMA DE ED.EMOCIONAL, VALORES E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
-POTENCIACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL
- Revisión e adaptación do Proxecto Educativo ás novas liñas metodolóxicas que marcan a filosofía do noso centro.
- Contribución de todo o anterior ao desenvolvemento das competencias básicas.
"EDUCAR A TOD@S PARA SER FELICES, PORQUE TOD@S SOMOS DIFERENTES, TOD@S SOMOS IGUAIS"