Iniciar sesión: Acceso

Escola de familia

ROBERTO AGUADO UNHA VEZ MÁIS!!

10/01/2020 13:56
Europe/Madrid

De novo o vindeiro luns día 13 de XANEIRO DE 2020 teremos na nosa escola durante todo o día a Roberto Aguado Romo , para desenvolver coa comunidade educativa do CEP PILAR MAESTÚ un traballo conxunto de cara á atopar as ferramentas axeitadas a diferentes situacións particulares que inflúen directamente na aprendizaxe de nenas e nenos. En palabras de Roberto Aguado, ferramentas que permitan que unha nena ou un neno pase do "sufrimento" á satisfacción, porque en realidade "somos o que sentimos".

Pola mañá traballaremos con nenas e nenos do centro, coa finalidade de poderlles axudar de forma individual e posteriormente poder xeralizar estas aprendizaxes para axudar a outros nenos e nenas.

Pola tarde o profesorado da escola (de 17:00 a 19:30) teremos unha formación relacionada co anterior coa finalidade de adquirir estas estratexias.

E para rematar unha sesión con familias, que comezará ás 19:30, e será na BIblioteca do centro. Unha charla para familias de Cadreche e para aquelas que forman parte de Escola de Familia no presente curso académico.

SON O QUE SINTEN- CON ROBERTO AGUADO (FORMACIÓN FAMILIAS)

24/11/2019 17:17
Europe/Madrid

Na tarde do 21 de Novembro de 2019, ás 19:00 daba comezo a charla de Roberto Aguado Romo, titulada “SON O QUE SINTEN”.

Comezamos a presentación do acto co traballo do alumnado do centro. O cine estaba preparado para o evento cun cartaz de benvida que recollía a conmemoración da CONVENCIÓN DOS DEREITOS DO NENO, ilustrado cun debuxo de ÁLVARO PAZ GIL que pretende reflectir o seu talento artístico, neste caso.

 

No interior, no esceario atopabánse os debixos sobre os dereitos das nenas e dos nenos, que o noso alumnado realizou na aula de forma cooperativa, entre todas e todos coa inestimable colaboración dos seus titores e mestr@s.

 

A presentación do acto , foi a cargo do Consello do Alumnado, unha presentación excecpional e con un gran sentido da responsabilidade, tenacidade e ilusión que demostraron enriba do esceario.(se queres ver o resumo pincha na imaxe)

Empezamos cunha presentación e canción titulada: Ninguén coma vós, coa canción Nadie como tú de "La oreja de Van Gogh"( se queres velo pincha na imaxe)

 

Momento especial foi cando Roberto os saudou un por un e intercambiou algunas palabras con eles. 

 

A presidenta da ANPA, Noemí Gil, pola súa banda fixo unha presentación ben interesante, con preguntas que tiñan bastante que ver coa entrevista que publicou a Voz de Galicia a Roberto :

 (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2019/11/15/profesor-sabe-donde-colocarse-puede-salvar-vida-alumno-proxima-charla/0003_201911B15C12993.htm)

 

A partir de aquí comenzou a súa charla brillante como sempre, chea de reflexións e cuestións sobre as que pensar  e repensar!!!

 

ENTUSIASMO, LEDICIA, APRENDIZAXE, ILUSIÓN............

00/00/
Array

Nesta primeira sesión traballamos xuntos de cara á organización das sesións de traballo que ímos ter ao longo deste curso 2011-2012. Tamén expuxemos cada un de nós as dubidas e inquedanzas que temos de cara a educación d@s nos@s fill@s. Para iso empregamos o seguinte material:



Asi do mesmo xeito repartimos este material de traballo para as familias.



As datas que quedaron asignadas para todo o curso son as que seguen: -OUTUBRO: Xoves 20 -NOVEMBRO: Xoves 3 e Luns 14 -DECEMBRO: Xoves 1 e Luns 12 -XANEIRO: Xoves 12 e Luns 23 -FEBREIRO: Luns 6 e Xoves 23 -MARZO: Luns 5 e Xoves 22 -ABRIL: Luns 16 -MAIO: Luns 14 e Xoves 31 -XUÑO: Luns 11

EMOCIONÁMONOS...., APRENDEMOS...., SON DEPENDENTES?

00/00/
Array

Credes que educar dende as emocións é importante? Pensades que as emocións inflúen nas relacións, nas aprendizaxes que adquiren @s nos@s nen@s? Que podemos facer para que estas inflúan de forma positiva?...

ESCOITAMOS...., FALAMOS....

00/00/
Array

 


O máis importante en calquera proceso educativo é o desenvolvemento dunha axeitada comunicación, pero para iso é necesaria unha ESCOITA EMPÁTICA E UNHA ESCOITA ACTIVA. Vemos como a podemos por en práctica?

UNHA IDADE..., UNS LOGROS..., UNHA ATENCIÓN DIFERENTE...

00/00/
Array

 

Nesta sesión traballamos o desenvolvemento evolutivo d@s nen@s dende os 0 meses ate a adolescencia, e nos diferentes ámbitos do desenvolvemento: cognitivo, afectivo, motor e comunicativo-lingüístico.

IMOS VER QUE PODE ESTAR PASANDO...

00/00/
Array

A través dun caso práctico extraído do libro "EL NO TAMBIÉN AYUDA A CRECER", e empregando as preguntas como recurso chegamos á determinación de causas e modos de solución do mesmo.

NORMAS, LÍMITES, COMPORTAMENTOS AXEITADOS....???

00/00/
Array

Un dos temas máis importantes e que máis custa desenvolver no ámbito familiar e na escola, é a aplicación de límites e normas claras que lle axudarán aos nen@s a adquirir comportamentos axeitados.

Traballamos sobre este tema na sesión do mes de Decembro e continuaremos con este na sesión deste mes de Xaneiro.

 

OS CELOS N@S NEN@S!!!!!!

00/00/
Array

Na segunda sesión da Escola de Familia que tivemos o pasado día 18 de Novembro, estivemos traballando sobre o tema dos celos n@s nen@s, un dos temas que máis preocupaba as nais e pais que asisten a estas reunións. Para o traballo nesta sesión empregamos a presentación que está arriba. Foi unha sesión moi interesante e na que quedaron temas aínda pendentes para seguir debatendo.

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031