Iniciar sesión: Acceso

ANPA

REVISTA ESCOLAR CADRECHE

29/03/2016 23:26
Europe/Madrid

 REVISTA ESCOLAR CADRECHE

 

Queremos poñer en marcha unha revista escolar na que participen todos os membros da comunidade educativa, sendo os protagonistas principais os nosos fillos/alumnos, dándolles un medio que lles permita expresar as súas inquietudes dunha maneira natural e libre.

 

 OS NOSOS OBXECTIVOS PRINCIPAIS:

  • Potenciar nos nenos o gusto pola escritura, a creatividade, a capacidades de expresión, a iniciativa e a autonomía.
  • Fomentar o traballo en equipo, cooperativo e colaborativo.
  • Divulgar a labor da comunidade educativa, informando e dando a coñecer  as distintas actividades, plans e proxectos educativos nos que se participa.
  • Ampliar as canles de comunicación entre todos os sectores que compoñen a comunidade educativa: familia, alumnado e profesores.
  • Desfacer os muros da escola xa que a aprendizaxe continúa fora da aula de clase.

 

PROPOSTA:

  •  Estrutura: 
    1. Portada
    2. Sumario
    3. Sección actualidade
    4. Sección entrevista
    5. Sección reportaxes
    6. Sección colaboracións
    7. Sección cultural
    8. Sección científica
    9. Sección literaria
    10. Sección artística
    11. Sección opinión
    12. Sección pasatempos e humor
  •  Periodicidade: Trimestral
  • O tamaño da publicación dependerá da cantidade de voluntarios que se animen a participar.

  • Empezaremos cunha revista online, utilizaremos como ferramenta joomag (realizaremos xornadas de formación para os voluntarios que queran participar).
  • Necesitamos a participación activa no deseño, elaboración, difusión e avaliación da revista de TODOS os que formamos a comunidade educativa: alumnos, profesores e familias.
  • Roles:
    • Xornalistas que investiguen, entrevisten, redacten, tomen fotografías e proporcionen artigos para o contido da revista.
    • Editores que se encarguen do deseño gráfico da revista, a organización, en función do espazo ,do material proporcionado polos xornalistas.
    • Xefe de redacción que se encargará de corrixir ortografía e gramática.
    • Xefe de proxecto que coordina o traballo de todo o equipo. Ocúpase de que se respecten os tempos pautados. Centraliza e xestiona necesidades e demandas.

ANIMARVOS A PARTICIPAR. Envíanos un correo electrónico a revistacadreche@gmail.com indicándonos como vos gustaría participar.

Distribuir contido

II PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2019

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOLTA AO COLE "UNO ENTRE CIEN MIL"

DIXITAGAL- REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL

PLAMBE

DEA- ANPA

Temos o privilexio de contar na escola co Desfribilador , e coa formación para poder usalo. Todo isto grazas a COLABORACIÓN DA ANPA. 

ACT. EXTRAESCOLARES

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930